Konrad Schneider
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 |
País de nacionalidade | Alemán |
Educación | Universidade de Bonn. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e arquivística. |
Ocupación | arquiveiro, numismático |
Premios | |
(1997): Eligiuspreis (DNG). (2001): Premio da GIG. (2016): Premio Saalburg. | |
Lista
|
Konrad Schneider, nado en Bogotá, Colombia, en 1950, é un numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Konrad Schneider cursou entre os anos 1969 e 1975 estudos superiores de Historia, Inglés e Lingüística na Universidade de Bonn, onde acadou o seu doutoramento en 1976.[1]
Entre 1977 e 1979 formouse como arquiveiro científico no Arquivo da Capital de Renania do Norte-Westfalia, en Düsseldorf, e tamén na Escola de Arquivos de Marburgo. De 1979 a 1987 exerceu como arquiveiro científico no Arquivo Estatal de Hamburgo, posto que deixou en 1991, para exercer a xefatura do Departamento de Arquivos Modernos do Instituto de Historia Urbana de Frankfurt. [1]
Paralelamente ao seu exercicio profesional como arquiveiro, Schneider realizou investigacións acerca da historia do diñeiro e a circulación monetaria locais, que deron lugar a un bo número de publicacións e polas que foi premiado en diversas ocasións.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1997): Eligiuspreis, da Sociedade Numismática Alemá.[2]
- (2001): Premio da Sociedade de Historia Monetaria Internacional, de Frankfurt.[3]
- (2016). Premio Saalburg de preservación da historia local.[4]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos traballos monográficos máis salientables dos publicados por Konrad Schneider ao longo da súa carreira:[5][6]
- (1977). Das Münzwesen in den Territorien des Westerwaldes, des Taunus und des Lahngebietes und die Münzpolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 17. Jahrhundert, Urbar. ISBN 978-3980013208
- (1983). Hamburgs Münz- und Geldgeschichte im 19. Jahrhundert bis zur Einführung der Reichswährung, Coblenza. ISBN 978-3923708000
- (1986). "Banco, Species und Courant". Untersuchungen zur Hamburger Währung im 17. und 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 9783923708031
- (1990). Frankfurt und die Kipper- und Wipperinflation der Jahre 1619-1623. Frankfurt. ISBN 978-3782903950
- (1995). Die Münz- und Währungspolitik des Oberrheinischen Reichskreises im 18. Jahrhundert, Coblenza. ISBN 3923708092
- (2000). Der Mineralwasserversand und seine Gefäßproduktion im rheinisch-hessischen Raum vom 17. bis zum Ende des 19. Jahrhunderts, Coblenza. ISBN 3923708106
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Dr. Konrad Schneider, Archivar". Frankfurter Histtorische Kommission.
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "GIG-Ehrenpreisträger". Gesellschaft für Internationale Geldgeschichte.
- ↑ "Konrad Schneider - Saalburgpreis für Geschichts- und Heimatpflege 2016". Numismatisches NachrichtenBlatt, 1. 2017.
- ↑ "Schneider, Konrad 1950- Arquivado 13 de setembro de 2022 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Schneider, Konrad". WorldCat Identities.