Saltar ao contido

Laros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Laros
Lari

Rango fósil: Eoceno tardío – Actuualidade

Larus argentatus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Superclase: Tetrapoda
Clase: Aves
Orde: Charadriiformes
Suborde: Lari
Sharpe, 1891
Familias
Véxase o texto

A dos laros (Lari) é unha suborde de aves acuáticas da orde dos caradriformes que comprende as gaivotas, os papamerdas, os carráns, os rincópidos, as alcas e os glareólidos.

En xeral os membros desta suborde son aves de tamaño de madiano a grande, máis adaptadas ao voo que as limícolas, coas que comparten orde. A maioría son aves acuáticas que viven no mar ou en zonas húmidas, aínda que en inverno algunhas poden afastarse da costa dirixíndose ao interior continental. Porén, hai excepcións, como as especies do xénero Cursorius, que viven en estepas e desertos.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

A suborde foi descrita en 1891 polo zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, Richard Bowdler Sharpe.

Etimioloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Lari, é o plural do nome do seu xénero tipo, Larus.

Notas Taxonómicas

[editar | editar a fonte]

Até hau poucos anos os álcidos non estaban incluídos nos laros, pero foron incluídos de acordo con investigacións recentes.[1]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Baker, A. J.; Pereira, S .L.; Paton, T. A. (2007). "Phylogenetic relationships and divergence times of Charadriiformes genera: multigene evidence for the Cretaceous origin of at least 14 clades of shorebirds". Biology Letters 3: 205–209. doi:10.1098/rsbl.2006.0606.  "Erratum: Phylogenetic relationships and divergence times of Charadriiformes genera: multigene evidence for the Cretaceous origin of at least 14 clades of shorebirds". Biology Letters 4: 762–763. 2008. doi:10.1098/rsbl.2006.0606erratum. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J., Elliott, A. & Sargatal, J. (1996): Handbook of the Birds of the World, vol. 3: Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-420-7.
  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. & Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España / Cambridge, UK: BirdLife International / Lynx Edicions. ISBN 978-84-9655-394-1.
  • Paton, Tara A. & Baker, Allan J. (2006): "Sequences from 14 mitochondrial genes provide a well-supported phylogeny of the Charadriiform birds congruent with the nuclear RAG-1 tree". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 657–667.
  • Paton, T. A.; Baker, A. J.; Groth, J. G. & Barrowclough, G. F. (2003): "RAG-1 sequences resolve phylogenetic relationships within charadriiform birds". Molecular Phylogenetics and Evolution 29: 268-278.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]