Lordi
Lordi | |
---|---|
Lordi 2023 | |
Orixe | Helsinqui, Finlandia |
Período | 1992 – actualidade |
Xénero(s) | hard rock, glam metal, heavy metal |
Membros | Mr. Lordi Amen OX Mana Hella |
Antigos membros | Awa Otus Kita Enary Kalma Magnum G-Stealer |
Na rede | |
www.lordi.fi | |
Lordi é unha banda de hard rock/heavy metal (influenciada polas películas do xénero de terror e a banda estadounidense Kiss) con toques de teatro melódico procedente de Finlandia fundada en 1992 e gañadora do Festival de Eurovisión 2006.
Membros
[editar | editar a fonte]- Mr. Lordi (Tomi Putaansuu) - cantante
- Amen (Jussi Sydänmaa) - guitarra eléctrica
- Hiisi - baixo
- Hella - teclado
- Mana - batería
Antigos membros
[editar | editar a fonte]- "G-Stealer" (Sami Keinänen) - baixo (1996 - 1999). Primeiro baixista de Lordi. Estivo cando en Lordi só estaban: Lordi, Enary e Amen. O seu traxe era como o antigo de Kita. Foise porque lle ofreceron traballo en Inglaterra. Case non hai fotos del nin información, aínda que na biografía de Lordi (Mie Oon Lordi) hai fotos e bastante información de G-Stealer.
- "Enary" (Erna Siikavirta) - teclado (1997 - 2005). Deixou o grupo para dedicarse á música clásica. A "carta de despedida" é a canción "Magistra Nocte".
- "Magnum" (Sami Wolking) - baixo (1999 - 2002). Este foi o segundo baixista que tivo Lordi, foise antes de que fixesen o seu primeiro disco, "Get Heavy". Todas as cancións deste disco interpretounas Magnum no baixo. No libro de letras de "Get Heavy", ao final, onde os compoñentes agradecen, hai unha foto de Magnum nunha esquina e pon: "For Magnum" ("Para Magnum"). Magnum sae no vídeo "Would you love a monsterman?" porque Kalma aínda non estaba no grupo
- "Kalma" (Niko Hurme) - baixo (2002 - 2005). Retirouse por problemas familiares, o seu substituto, OX, é un moi bo amigo seu e Kalma fixo un testamento onde conta todos os detalles deste "cambio de baixo". Kalma colaborou no último disco de Lordi e aparece nalgúns concertos con eles. O baixo que agora usa OX é o anteriormente usado por Kalma.
- "Kita" (Sampsa Astala) - batería (2000 - 2010)
- "Otus" (Tonmi Lillman) - (2010 - 2012)
- "Awa" (Leena Peisa) - (2005 - 2012)
- "OX" (Samer El Nahhal) - baixo (2005 - 2019)
Eurovisión
[editar | editar a fonte]Lordi, representando a Finlandia, gañou o Festival da Canción de Eurovisión do ano 2006 coa canción "Hard Rock Hallelujah", seguidos por Dima Bilan de Rusia e Hajrudin Varešanović Hari Varešanović de Bosnia e Hercegovina. Con todo, Lordi gañou por unha diferenza de máis de corenta puntos; en total obtiveron 292 puntos, a cifra máis alta na historia do certame.
A presidenta da unión grega de bares e restaurantes, Niki Kostantinidou, fixo unha petición pública á xente de Finlandia e Grecia para non permitir que Lordi participase no festival por consideralo un grupo satánico. Con todo, Lordi respondeu a estas acusacións indicando que as súas máscaras e os seus traxes forman parte da súa identidade musical pero non teñen que ver co satanismo, e que un grupo de satanistas non escribiría cancións tales como "Hard Rock Hallelujah" ou "Devil is a Loser", aínda que admiten que tampouco son unha banda de "anxos". Ademais destes problemas coa súa indumentaria e temas relixiosos, ao redor de dúas semanas antes estivo tamén no aire a participación do grupo no concurso europeo; isto foi debido ao alto custo do espectáculo, que incluía fogos artificiais entre outras cousas, que a cadea publica de radiotelevisión finlandesa, YLE, non podía asumir. Chegouse a facer ata unha petición popular de diñeiro para sufragar este gasto, que ao final foi asumido entre YLE e varios grupos privados.
A celebración da vitoria de Lordi en Eurovisión tivo lugar o día 26 de maio na praza do mercado, Kauppatori, de Helsinqui ante máis de 100.000 persoas. Foi un gran concerto e entre outros actos tivo lugar un karaoke multitudinario coa canción gañadora e a presidenta Tarja Halonen entregou aos compoñentes do grupo a chave da cidade. Tamén participaron outros grupos de música finlandeses como PMMP ou Kilpi.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]- Napalm Market (Maqueta) (1993)
- Bend Over And Pray The Lord! (Maqueta) (1999)
- Get Heavy (2002)
- The Monsterican Dream (2004)
- The Monsterican Dream (CD+DVD) (2004)
- The Monster Show (Recompilatorio + Videoclips) (2005)
- The Monster Show Tempoary Atwork, (PROMO) (2005)
- The Arockalypse (2006)
- The Arockalypse Special Edition (2007)
- Deadache (2008)
- Zombilation (2009)
- Babez for Breakfast (2010)
- Scarchives Vol. 1 (2012)
- To Beast or Not To Beast (2013)
- Scare Force One (2014)
- Monstereophonic – Theaterror vs. Demonarchy (2016)
- Sexorcism (2018)
- Killection (2020)
- Lordiversity (2021)
Sinxelos e EPs
[editar | editar a fonte]- Would You Love a Monsterman? (2002)
- Devil is a Loser (2003)
- Blood Red Sandman (2004)
- Blood Red Sandman (Promo) (2004)
- My Heaven is Your Hell (2004)
- Hard Rock Hallelujah (2006)
- Would You Love a Monsterman? 2006 (2006)
- It Snows in Hell (2006)
- They only come out at night (2007)
- Beast Loose in Paradise (2008)
- Bite it Like a Bulldog (2008)
- Deadache (2008)
- This Is Heavy Metal (2010)
- Rock Police (2010)
- The Riff (2013)
- Hug You Hardcore (2016)
- Your Tongue’s Got the Cat (2018)
- Naked in My Cellar (2018)
- Shake the Baby Silent (2019)
- I Dug a Hole in the Yard for You (2019)
- Like A Bee To The Honey (2020)
- Believe me (2021)
Videoclips
[editar | editar a fonte]- Would You Love a Monsterman? (2002)
- Devil is a Loser (2003)
- Blood Red Sandman (2004)
- Hard Rock Hallelujah (2006)
- Who's your daddy? (2006)
- Would You Love a Monsterman? 2006 (2006)
- It Snows in Hell (2006)
- Hard Rock Hallelujah Special Edition (2007)
- Bite it Like a Bulldog (2008)
- This Is Heavy Metal (2010)
- The Riff (2013)
- Scare Force One (2014)
- Hug You Hardcore (2016)
- Naked in My Cellar (2018)
- I Dug a Hole in the Yard for You (2019)
- Believe Me (2021)
DVDs
[editar | editar a fonte]- Armageddon over Wacken 2003 festival
- Wacken Roadshow 2003 festival
- Raumanmeren Festival 2003
- Eurovision Song Contest 2006
- Market Square Massacre Live
- Bringing Back The Balls To Stockholm: The Opening Night 2006
- Eurovision Song Contest 2007
- Recordead Live – Sextourcism in Z7 (2018)
Películas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lordi |