Melanotaénidos
Melanotaénidos | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Melanotaenia boesemani, macho, variedade vermella | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Os Melanotaénidos (Melanotaeniidae) son unha familia de peixes de auga doce e estuarios de río, pertencente á orde dos Ateriniformes (Atheriniformes). Son peixes distribuídos por ríos tropicais do sueste de Asia e Oceanía, hoxe moi apreciados como peixes de acuario polas súas cores chamativas.
Características
[editar | editar a fonte]Teñen un corpo comprimido lateralmente e de lonxitude máxima de 12 cm. Dúas aletas dorsais separadas por un pequeno espazo, a primeira con 3 a 7 espiñas e a segunda con 6 a 22 radios brandos (nalgunhas especies, o primeiro é unha espiña robusta). A liña lateral adoita estar ausente ou ben pouco definida. As escamas, relativamente grandes.
Presentan coloracións vistosas, estando os machos normalmente moito máis coloreados cás femias.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en sete xéneros [1] con 75 especies válidas:
- Xénero Cairnsichthys (Allen, 1980)
- Xénero Chilatherina (Regan, 1914)
- Xénero Glossolepis (Weber, 1907)
- Xénero Iriatherina (Meinken, 1974)
- Xénero Melanotaenia (Gill, 1862) (o xénero máis amplo, con 53 especies)
- Xénero Pelangia (Allen, 1998)
- Xénero Rhadinocentrus (Regan, 1914)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Para ITIS son 18 xéneros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Melanotaénidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Melanotaénidos |