Momificación muisca
Este artigo describe a práctica de momificación polos muiscas. Os muiscas eran os habitantes do Altiplano Cundiboyacense antes da chegada dos conquistadores españois. Momificaban os membros das clase sociais máis altas, principalmente os gobernantes, como os zipas, os zaques, outros caciques, sacerdotes e as súas familias. As momias eran gorecidas en covas ou casas dedicadas ("mausoleos") e non eran enterradas.
Descubríronse moitas momias de grupos indíxenas falantes de chibcha, principalmente momias muiscas, laches e guanes. En 1602, os primeiros colonizadores españois atoparon 150 momias nunha cova preto de Suesca, que estaban organizadas de xeito circular coa momia do cacique no centro do espazo. As momias estaban rodeadas por roupas e potas. No 2007, descubriuse a momia dun meniño nunha cova preto de Gámeza, Boyacá, xunto cunha pequena cunca, un chupete e roupas de algodón. Os procesos de momificación continuou durante período colonial. As momias máis recentes datan da segunda metade do século XVIII.[1]
Coleccións en museos
[editar | editar a fonte]As momias muiscas están en exhibición ou nas coleccións dos museos en Colombia. O Museo do Ouro (momia de Pisba, Boyacá), o Museo Arqueolóxico Casa do Marqués de San Jorge e o Museo Nacional de Bogotá teñen momias muiscas en exhibición, e as de Sativasur e Gámeza atópanse no Museo Arqueolóxico de Sogamoso.[2][3][4][5][6] A momia atopada en Gachantivá forma parte da colección do Museo Británico de Londres.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez Martín, Abel Fernando; Martínez Santamaría, Luz (2012). Sobre la momificación y los cuerpos momificados de los muiscas - On mummification and the mummified bodies of the Muisca. Revista Salud Historia Sanidad. 7 (en castelán) 1. pp. 61–80. ISSN 1909-2407.
- Ortega Loaiza, Natalia; Grisales Cardona, Diana Fernanda; Uribe Botina, Alejandra; Blandón Hernández, Juan Camilo (2012). Los rituales fúnebres indígenas - The indigenous burial rituals (en castelán).
- Pérez Riaño, Pablo Fernando (2001). Procesos de interacción en el área septentrional del altiplano cundiboyacense y oriente de Santander [Interaction processes in the western area of the Altiplano Cundiboyacense and east of Santander] (en castelán). pp. 49–110.
- Valverde, Alejandra (2007). Prácticas funerarias desde la arqueología: El caso de las momias de la Sierra Nevada del Cocuy - Funerary practices in archaeology: The study of Sierra Nevada del Cocuy's mummies, Colombia. Antípoda 5 (Universidade dos Andes). pp. 275–291. ISSN 1900-5407.