Turmequé
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Colombia | ||||
Departamentos | Boyacá | ||||
Provincia | Provincia de Márquez | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 106 km² | ||||
Altitude | 2.389 m | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Gonzalo Jiménez de Quesada | ||||
Creación | 1537 (Gregoriano) | ||||
Sitio web | turmeque-boyaca.gov.co… |
Turmequé é un concello colombiano que se atopa na provincia de Márquez, no departamento de Boyacá.
Atópase a unha distancia de 45 km de Tunja. Este concello limíta polo oeste con Ventaquemada, polo leste con Úmbita, poolo norte con Nuevo Colón e polo sur con Villapinzón. Atópase xunto ao cerro de pozo negro e preto do páramo de Guacheneque onde nace o río Bogotá.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome de Turmequé procede da lingua muisca, e quere dicir « xefe vigoroso ». Este concello tamén recibe o nome de val das trompetas, porque na conquista os españois empregaron catro destes instrumentos para intimidar ós índixenas
Historia
[editar | editar a fonte]Turmequé antigamente era unha aldea tributaria do zaque de Hunza, ademais era fronteirizo coa tribo do Quimuinchatecha cara ó sur. No ano de 1490 houbo un conflito entre as forzas do zipa de Bacatá e o zaque de Hunza nos arredores da vila, pola supremacía desa rexión.
Décadas despois o conquistador español Gonzalo Jiménez de Quesada descobre a vila no ano de 1537, e conquístaa para España.
A vila é nacionalmente recoñecida por ser o berce do deporte local e nacional coñecido como tejo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Senado da República de Colombia (1989), Municipios colombianos. Bogotá: Pama Editores Ltda. ISBN 958-9077-02-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)