Nina Berberova
Nome orixinal | (ru) Нина Берберова |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xullo de 1901 (Xuliano) San Petersburgo, Rusia |
Morte | 26 de setembro de 1993 (92 anos) Filadelfia, Estados Unidos de América |
Causa da morte | caída de altura |
Actividade | |
Campo de traballo | Poesía |
Ocupación | escritora, xornalista de opinión, crítica, poetisa, prosista |
Empregador | Universidade de Princeton Universidade Yale |
Obra | |
Arquivos en | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Metzler Autorinnen Lexikon, (p.52–53) >>>:Berberova, Nina Nikolaevna Russian literature of the 20th century. Volume 1, 2005 (en) , (p.203-206) >>>:БЕРБЕРОВА Нина Николаевна, |
Nina Nikolaevna Berberova (en ruso: Нина Николаевна Берберовa), nada en San Petersburgo o 8 de agosto, ou o 26 de xullo segundo o calendario xuliano, de 1901 e finada en Filadelfia o 26 de setembro de 1993, foi unha escritora rusa que, entre outras cousas, é famosa por narrar a vida dos exiliados rusos en París.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla única de Nikolai Ivanovi Berberov, funcionario do Ministerio de Finanzas e de Natalja Ivanovna Karaulova, a súa historia como escritora comeza en Berlín, máis tarde en París e logo en Estados Unidos como describe na súa autobiografía "Kursiv moi", (Курсив мой, en galego A cursiva é miña) publicada en 1957.
Viviu en París desde 1925 a 1950, ano en que se estableceu nos Estados Unidos, onde traballou para as universidades de Princeton e Yale.
Morreu o 27 de setembro de 1993 por complicacións despois dunha caída.
Obra
[editar | editar a fonte]- Мыс Бурь Mys bur. Novela
- Повелительница (1932) Povelitelnitsa . Novela
- Аккомпаниаторша : рассказы в изгнании (1935) Akkompaniatorsha : rasskaszy v izgnanii
- Чайковский (1936) Chaikovskii, biografía.
- Бородин. (1938) Borodin, biografía
- Без заката.(1938) Bez zakata
- Александр Блок и его время (1947) Aleksandr Blok i ego vremaia, biografía
- Облегчение участи. (1949) Oblegchenie uchasti
- Дело Кравченко. История процесса, Delo Kravchenko. Istoriia protsessa
- Курсив мой (1972) Kursiv moi. Autobiografía
- Железная женщина (1981) Zhelesnaia zhenshchina
- Стихи (1984) Stikhi
- Люди и ложи. (1986) Loidi i lozhi
- Биянкурские праздники. Buiankurskie prasdnikui
- Cniornaia bolezn