Norman McLaren
Norman McLaren , nado en Stirling, Escocia en 1914 e finado en Montreal, Canadá en 1987 é considerado un dos pais da animación experimental.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Na Escola de Belas Artes de Glasgow descubriu o cinema soviético -Eisenstein, Pudovkin, etc.- e decatouse da capacidade expresiva dos recursos que lle ofrecía o medio. Comezou a súa carreira na General Post Office Film Unit de Londres, onde comezou a explorar a animación tradicional e experimental, pintando directamente sobre celuloide.
Traballo na guerra
[editar | editar a fonte]Traballou como cámara durante a guerra civil española e, co estalido da segunda guerra mundial, emigrou aos Estados Unidos. Dous anos máis tarde, marchou ao Canadá, aceptando a invitación do National Film Board of Canada.
Obra
[editar | editar a fonte]Comezou a traballar na NFB do Canadá e nesa institución desenvolveu o groso do seu traballo.
McLaren realizou até 59 obras, explorando arte abstracta, arte figurativa e imaxe real, e foi un dos pioneiros na aplicación do son sintético (pintado directamente na banda sonora) ás súas obras. En todos os seus campos, o director investigou multitude de técnicas, dende a modificación de cadros en pastel até a animación de imaxes reais fotograma a fotograma, dende a pintura directa sobre celuloide até as figuras recortadas en papel.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Norman McLaren". Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (en catalán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Norman McLaren |