Palleta
Aparencia
Unha palleta é unha lámina ou láminas situadas na embocadura de certos instrumentos de vento, cuxa vibración permite a emisión do son a través do aire producido polo intérprete.
As palletas están fabricadas con cana, madeira ou metal e existen modalidades que varían segundo o tipo de instrumento.
Tipos
[editar | editar a fonte]A denominada palleta batente ou palleta sinxela produce o son a través do roce co propio instrumento e consta dunha soa lámina.
Tamén existe a chamada palleta dobre, na que o son se produce a través do choque entre dúas láminas unidas.
Por último, tamén existe a chamada palleta libre, que vibra co paso do aire por unha abertura, que queda bloqueada pola propia lámina cando non existe columna de aire.