Saltar ao contido

Paolo Giordano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPaolo Giordano

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Turín, Italia Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Turín Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfísico, novelista, escritor, guionista Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webpaologiordano.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1279468 Allocine: 461265
BNE: XX4776864 Musicbrainz: 0acc9c88-f062-4f07-b1d7-4633a69add57 Editar o valor en Wikidata

Paolo Giordano, nado en Torino o 19 de decembro de 1982, é un escritor e físico italiano. Acadou sona no ano 2008 coa súa novela La solitudine dei numeri primi, coa que gañou o Premio Strega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Paolo Giordano vive en San Mauro Torinese, o seu lugar de orixe[1]. O seu pai, Bruno, é xinecólogo, mentres que a súa nai, Iside, é profesora de inglés;[2][3] Ten unha irmá máis vella[1].

En 2001 diplomouse no instituto Gino Segré de Turín[4][5]. Rematou a licenciatura en Física das interaccións fundamentais, graduándose cum laude na Universidade de Turín, cunha tese de laurea considerada entre as mellores[6]. Obtivo unha bolsa para realizar un doutoramento en física de partículas na escola de doutoramento en ciencia e alta tecnoloxía da mesma Universidade. Estuda as propiedades do quark fondo nun proxecto cofinanciado polo Instituto Nacional de Física Nuclear de Italia, e en particular, a descomposición inclusiva do mesón B no canal semileptónico e radiativo[7][8].

Entre 2006 e 2007, Giordano pasou dous cursos fóra da Escola Holden, onde coñeceu a Raffaella Lops, que posteriormente se converteu na súa axente e editora[1]. Ten unha sección na revista Gioia, onde escribe relatos curtos tomando como punto de partida unha noticia de actualidade e un número[9].

Tras visitar no 2006 un proxecto de Médicos Sen Fronteiras en Kinshasa, na República Democrática do Congo, onde a organización asiste enfermos de sida e as prostitutas do barrio de Masina, escribiu o relato Mundele ("O branco"), publicado en novembro de 2008 na antoloxía Mondi al limite. 9 scrittori per Medici Senza Frontiere[10].

Escribiu a novela La solitudine dei numeri primi, editada en Italia por Mondadori en xaneiro de 2008, gañando ese mesmo ano o Premio Campiello á mellor Opera Prima, o Premio Fiesole Narrativa Under 40[11] e o Premio Strega, sendo o escritor máis novo en gañar este último certame[12]. Giordano recibiu o 9 de xullo de 2008 o Premio Merck Serono na sección de narrativa[13] e o 23 de agosto dese mesmo ano o Premio Frignano de opera prima.[14]. A obra foi levada ao cinema en 2010.

  1. 1,0 1,1 1,2 "Paolo Giordano. Noi generazione "post": cresciuti senza politica con la passione dei numeri", entrevista de Ranieri Polese, 17 de xullo de 2008 (en italiano).
  2. Cristina Tagliabue, "Chi è Paolo Giordano, un fisico sui generis Arquivado 21 de setembro de 2013 en Wayback Machine.", Il sole de 24 Ore, 4 de xullo de 2008 (en italiano).
  3. Foto Arquivado 14 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine. da entrega dos premios Strega, 3 de xullo de 2008.
  4. Entrevista de Mirella Serra, "Io, Baricco non lo conosco", La Stampa, 5 xullo de 2008 (en italiano).
  5. Mario Porqueddu, "Con me tornò la severità, buttai il tema", Corriere della Sera, 25 xuño de 2009 (en italiano).
  6. Los mejores laureados Arquivado 08 de agosto de 2009 en Wayback Machine. da Universidade de Turín na inauguración do curso académico 2007-2008.
  7. "Eloxios do presidente do INFN ao físico gañador del Premio Strega", Istituto Nazionale di Fisica Nucleare, 4 de xullo de 2008 (en italiano).
  8. Informe de primeiro ano Arquivado 17 de abril de 2009 en Wayback Machine. - Scuola di dottorato in Scienza e Alta tecnologia de Turín, orientación en Física e Astrofísica.
  9. "La matematica e lo stile Arquivado 06 de maio de 2006 en Wayback Machine.", entrevista de Stefania Leo, en Raramente.net, 12 de xuño de 2008 (en italiano).
  10. Mondi al limite Arquivado 26 de agosto de 2009 en Wayback Machine. - Medici Senza Frontiere.
  11. "Paolo Giordano vincitore del Premio Fiesole Narrativa Under 40 ed. 2008 Arquivado 11 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine.", Comune di Fiesole, 19 de novembro de 2008 (en italiano).
  12. "Strega, trionfa l'esordiente Giordano", artigo de Paolo Fallai en Corriere della Sera, 4 xullo de 2008 (en italiano).
  13. "«Scienza e letteratura»: premio ad Alleva", Corriere della Sera, 10 xullo de 2008 (en italiano).
  14. "Caterina Bonvicini e Paolo Giordano gañadores do premio literario Frignano Arquivado 12/08/2008, en Wayback Machine.", Il Resto del Carlino, 7 de agosto de 2008 (en italiano).