Paracryptodira
Paracriptódiros (Paracryptodira) Rango fósil: xurásico - eoceno | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Manchurochelys liaoxiensis (Baenoidea: Macrobaenidae) | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Superfamilias | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Os paracriptódiros (Paracryptodira) son unha infraorde extinta de da orde dos Testudines, orde de réptiles que inclúe ás tartarugas. Inicialmente considerada como unha suborde irmán do grupo dos criptódiros (Cryptodira),[1] agora considéranse como unha liñaxe moi primitiva dentro dos Cryptodira, de acordo co máis común uso deste último taxon.[2] Algúns criptódiros algo menos primitivos (por exemplo, as denominadas "tartarugas cornudas", familia Meiolaniidae) así como as formas actuyalmente viventes conforman o grupo Eucryptodira.[3]
De acordo co concepto hoxe en desuso, os paracriptódiros comprendían dúas familias do cretáceo, a dos pleurostérnidos (Pleurosternidae) e a dos bénidos (Baenidae). Exemplares da primeira acháronse en América do Norte, Europa e, posibelmente, en Asia, mentres que a segunda coñécese só en Norteamérica.
De acordo co moderno entendemento, as familias Macrobaenidae e Neurankylidae separáronse da dos Baenidae para formaren as tres a superfamilia dos Baenoidea, cuxa monofilia, porén, require ser confirmada. Adicionalmente, existen un certo número de familias máis basais, así como algúns taxons de posición incerta no que concirne a Baenoidea:[4]
Os Macrobaenidae, outro grupo de criptódiros que pode ser realmente unha agregación parafilética, son ás veces situados tamén, parcial ou totalmente, entre os paracriptódiros.
Características
[editar | editar a fonte]Os paracriptódiros teñen unha exposición reducida prefrontal na superficie dorsal do cranio, unha reducida fenestra perilinfática e unha crista supraoccipital secundariamente reducida.[2] No cranio, o foramen posterior do canal carotídeo interior localízase nunha posición media ao longo da superficie da sutura basisfenoide-pterigoide.[1]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]└─o Testudines ou Rhaptochelydia └─o Casichelydia ├─o Pleurodira │ └─o Eupleurodira │ └─o Pelomedusoides │ └─o Pelomedusoidea │ └─o Podocnemidoidea └─o Cryptodira └─o Selmacryptodira ├─o Paracryptodira (extinta) └─o Eucryptodira └─o Centrocryptodira └─o Polycryptodira └─o Procoelocryptodira ├─o Chelonioidea │ └─o Dermochelyoidea └─o Chelomacryptodira ├─o Testudinoidea └─o Trionychoidea
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gaffney, E. S. (1975): "A phylogeny and classification of higher categories of turtles". Bulletin of the American Museum of Natural History 155(5): 387-436. PDF texto completo Arquivado 20 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
- Haaramo, Mikko (2008): Mikko's Phylogeny Archive - Paracryptodira. Versión de 2008-MAR-11.
- Joyce, W. G. (2007): "Phylogenetic relationships of Mesozoic turtles". Bulletin of the Peabody Museum of Natural History 48(1): 3–102. DOI:10.3374/0079-032X(2007)48[3:PROMT]2.0.CO;2 HTML resumo