Parlamento de Navarra
O Parlamento Foral de Navarra ou Cortes de Navarra (en éuscaro: Nafarroako Parlamentua) é o órgano lexislativo da Comunidade Foral de Navarra. O Parlamento foi creado polo Amelloramento de 1982, supuxo a democratización das institucións existentes ata entón.
Historia
[editar | editar a fonte]Desde a súa creación e durante o franquismo, seguira existindo a Deputación Provincial de Navarra tal como foi definida na Lei de Modificación de Fueros de 1841, composta por sete deputados, elixidos por meiriñados.
Existía desde 1898 un órgano asesor en materias financeira e de administración municipal: o Consello Foral Administrativo. En 1978 UCD, para democratizar as institucións forais, propuxo que o Consello Foral estivese integrado por 119 conselleiros, 50 elixidos por sufraxio universal e 60 polos concellos, aos que se engadirían os cinco deputados ao Congreso e os catro senadores elixidos en Navarra. Exercería funcións normativas e elixiría aos membros da Deputación. Finalmente o Amelloramento establece a institución do Parlamento ou Cortes de Navarra no artigo 10 e regúlao nos artigos do 11 ao 22.
É a institución lexislativa da Comunidade, os seus membros son elixidos por sufraxio universal, para un período de catro anos e non deben ser menos de 40 nin máis de 60 (actualmente son 50). Os parlamentarios contan con foro de inviolabilidade polos votos e opinións emitidos no desenvolvemento das súas funcións.
Funcións
[editar | editar a fonte]- Representación do pobo navarro.
- Potestade Lexislativa.
- Aprobación de Orzamentos e Contas de Navarra.
- Impulso e control do Goberno de Navarra.
- Designación de Senadores autonómicos.
- Nomeamento do Defensor do Pobo.
- Nomeamento do Presidente da Cámara de Comptos.
- Exercer a iniciativa prevista na Disposición transitoria cuarta da Constitución española de 1978
- Exercer a iniciativa de para a separación da Comunidade Autónoma na que se incorporou
Sede
[editar | editar a fonte]O edificio do Parlamento atópase situado no rehabilitado edificio da Antiga Audiencia, Primeiro Ensanche, no Paseo de Sarasate de Pamplona. Anteriormente estivo situado no Palacio da Deputación Foral de Navarra, situado no mesmo paseo e enfrontado a este.
Composición
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
O Parlamento está composto por 50 parlamentarios elixidos por sufraxio universal. A X Lexislatura do Parlamento de Navarra comezou o 19 de xuño de 2019 coa celebración da sesión constitutiva da cámara onde tomaron posesión os 50 parlamentarios electos nos comicios de maio do mesmo ano.
Grupos parlamentarios e agrupacións no Parlamento de Navarra | |||||
Nome | Escanos | Candidatura | Voceiro/a | Líder | |
---|---|---|---|---|---|
G.P. Navarra Suma | 20 | Navarra Suma
|
José Javier Esparza | ||
G.P. Partido Socialista de Navarra | 11 | Partido Socialista de Navarra | Ramón Alzórriz | María Victoria Chivite (P) | |
G.P. Geroa Bai | 9 | Geroa Bai | Uxue Barkos | ||
G.P. EH Bildu Nafarroa | 7 | Euskal Herria Bildu | Bakartxo Ruiz | ||
A.P.F. Podemos-Ahal Dugu | 2 | Podemos | Mikel Buil | ||
G.P. Mixto–Izquierda-Ezkerra | 1 | Izquierda-Ezkerra | María Luisa de Simón |
Presidentes
[editar | editar a fonte]A presidencia do parlamento sempre estivo en mans de Unión del Pueblo Navarro (UPN) ou do Partido Socialista de Navarra (PSN) ata 2015. Ningún presidente estivo máis dunha lexislatura no cargo.
Lexislatura | Presidente/a | Partido | Mandato |
---|---|---|---|
Parlamento Foral | Víctor Manuel Arbeloa Muru | PSN-PSOE | 1979-1983 |
I lexislatura | Balbino Bados Artiz | UPN | 1983-1987 |
II lexislatura | Javier Gómara Granada | UPN | 1987-1991 |
III lexislatura | Javier Otano Cid | PSN-PSOE | 1991-1995 |
IV lexislatura | Lola Eguren Apesteguía | PSN-PSOE | 1995-1999 |
V lexislatura | José Luis Castejón Garrués | PSN-PSOE | 1999-2003 |
VI lexislatura | Rafael Gurrea Induráin | UPN | 2003-2007 |
VII lexislatura | Elena Torres Miranda | PSN-PSOE | 2007-2011 |
VIII lexislatura | Alberto Catalán Higueras | UPN | 2011-2015 |
IX lexislatura | Ainhoa Aznárez Igarza | Podemos | 2015-2019 |
X lexislatura | Unai Hualde Iglesias | Geroa Bai | 2019-2023 |