Pavel Beliaiev
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de xuño de 1925 Chelishchevo, Rusia (en) |
Morte | 10 de xaneiro de 1970 (44 anos) Moscova, Rusia |
Causa da morte | peritonite |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Educación | Gagarin Air Force Academy (en) (1956–1959) Yeysk Higher Military Aviation Institute (en) (1943–1945) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta, piloto de guerra |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Membro de | |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética |
Rango militar | Coronel |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) |
Tempo no espazo | 1 día, 2 horas e 2 minutos |
Misión do astronauta | |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Obálky knih, Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
Pavel Ivanovich Beliaiev (en ruso Павел Иванович Беляев, nado o 26 de xuño de 1925 en Chelizshevo e finado o 10 de xaneiro de 1970 en Moscova), foi un militar e cosmonauta soviético que pilotou a astronave Voskhod 2.
O programa espacial soviético seleccionou a Beliaiev entre os primeiros cosmonautas da URSS polos quince anos de experiencia na Armada e na Forza Aérea Soviética, tempo no que foi piloto de combate durante a fin da segunda guerra mundial e comandante dunha escuadra aeronaval no Pacífico. A súa primeira misión ía ser pilotar o Vostok 8 para estudar o Cinto de Van Allen, pero a misión cancelouse e as autoridades encomendáronlle a misión de pilotar a misión do Voskhod 2 acompañado de Alexei Leonov en 1965. Realizou un único voo o 18 de marzo, permaneceu no espazo durante 26 horas, e o seu compañeiro realizou a primeira actividade extravehicular no espazo da Historia.
Morreu en 1970 from peritonite como resultado dunha operación de úlcera de estómago. Beiaiev foi Heroe da Unión Soviética, recibiu a Orde de Lenin e a da Estrela Vermella, ademais de Heroe do Traballo Socialista de Bulgaria, Heroe do Vietnam e de Mongolia.
Un asteroide descuberto en 1969 por Liudmila Chernikh leva o seu nome, 2030 Belaiev.
Notas
[editar | editar a fonte]- Mark Wade (2018). "Belyayev, Pavel Ivanovich" (en inglés). Consultado o 11 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |