Saltar ao contido

Perafort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPerafort
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°11′28″N 1°15′20″L / 41.191121, 1.255668
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
ProvinciaProvincia de Tarragona
ComarcaTarragonès Editar o valor en Wikidata
CapitalPerafort (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.292 (2023) Editar o valor en Wikidata (136 hab./km²)
Número de fogares32 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie9,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Francolí Editar o valor en Wikidata
Altitude125 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJoan Martí Pla Pla (en) Traducir (1999–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal43152 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE43103 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT431037 Editar o valor en Wikidata

Sitio webperafort.com Editar o valor en Wikidata

Perafort é un concello da provincia de Tarragona, en Cataluña, situado na comarca do Tarragonès. Está formado por dous núcleos de poboación: Perafort e Puigdelfí, situado a menos dun quilómetro.

Atopáronse diversos restos arqueolóxicos que demostran a presenza de habitantes durante a ocupación romana. Quedou despoboado durante a época árabe e non se repoboou ata logo da Reconquista; o seu primeiro señor foi Guillem de Claramunt. Tomou parte nas actividades da Comuna del Camp.

A principios do século XIII pertenceu aos señores de Castellvell. Logo de pasar por diversas mans, en 1467 a señoría quedou en poder da curia de Tarragona.

Puigdelfí e Perafort uníronse para formar un único municipio en 1846.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1981 2000 2012
598 506 496 444 610 1.264

Economía

[editar | editar a fonte]

A principal actividade económica do municipio é a agricultura. Destacan os cultivos de viña, amendoeiras e abeleiras. Destaca tamén a actividade industrial, fomentada coa construción de polígonos industriais.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Igrexa de Sant Pere de Perafort, neoclásica de tres naves, construída no século XVIII sobre un antigo templo. Ten acaroado un campanario de planta cuadrada.
  • Igrexa de Sant Sebastià de Puigdelfí, do século XVIII, de tres naves.

Festividades

[editar | editar a fonte]

Tranporte

[editar | editar a fonte]

O 26 de decembro de 2006 inaugurouse, a medio camiño entre Perafort e La Secuita, a estación de Camp de Tarragona, pertencente á liña de alta velocidade Madrid-Barcelona-Fronteira francesa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]