Peyo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Pierre Culliford 25 de xuño de 1928 Schaerbeek, Bélxica (pt) |
Morte | 24 de decembro de 1992 (64 anos) Bruxelas, Bélxica |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio |
Outros nomes | Peyo |
Educación | Academia Real de Belas-Artes de Bruxelas (pt) |
Cor do pelo | Cabelos castaños claros |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e banda deseñada |
Ocupación | artista de banda deseñada, debuxante de banda deseñada, guionista, director de cinema |
Empregador | Jornal Spirou (pt) |
Movemento | Escola de Marcinelle |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Nine Culliford |
Fillos | Thierry Culliford |
Descrito pola fonte | Billy Ireland Cartoon Library & Museum biographical files (en) Obálky knih, |
|
Pierre Culliford, "Peyo", nado en Bruxelas o 26 de xuño de 1928 e finado o 24 de decembro de 1992, foi un debuxante Belga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Empezou os seus estudos na academia belga de Belas Artes, abandonándoa ó cabo duns meses. Logo empezou a traballar nun estudio de animación, onde coñecería a autores como Morris e Franquin. Máis tarde traballou para axencias de publicidade, ata que creou ó seu primeiro personaxe, Johan, ó que pronto lle buscou un compañeiro, pasando a ser a serie de Johan e Pirluit. En 1958 aparece o álbum A frauta de seis buratos, no que aparecían por primeira vez os pitufos, como personaxes secundarios.
O éxito instantáneo dos pitufos, e o traballo de Peyo nas súas versións de animación, merchandising etc. obrigaron co tempo a Peyo a abandonar os seus outros personaxes, ata o punto de chegar a dicir que se sentía "prisioneiro" deles.
En 1992 morreu dun ataque ó corazón.
Obra
[editar | editar a fonte]Personaxes creados por Peyo:
- Os pitufos (Schtroumpfs / Smurfs)
- Johan e Pirluit
- O gato Pusy
- Bieito Fendeferro
- Jacky e Celestin
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial dos pitufos (en inglés)
- Bibliografía completa (en francés)