Saltar ao contido

Pico Cilindro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaPico Cilindro
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaMonte Perdido Massif (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaParque Nacional de Ordesa e Monte Perdido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaFanlo, España e Bielsa, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°41′05″N 0°01′26″L / 42.684722, 0.023889
CordilleiraPireneos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude3.328 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica251 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico1,345 km Editar o valor en Wikidata
Material usadoArenita Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
primeira ascensión
1864 punto no tempo Editar o valor en Wikidata

O pico Cilindro, tamén chamado Marboré ou Cilindro de Marboré, é un pico de 3.328 m de altura do macizo de Monte Perdido, dentro da cordilleira dos Pireneos e que se sitúa integramente en España (Val de Ordesa), pero moi preto da fronteira con Francia (Circo de Gavarnie) coa que limita o pico Marboré, estando incluído no español Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e próximo ao Parque Nacional dos Pireneos. Dentro do macizo de Monte Perdido, os tres cumes maiores coñécense como as Tres Sorores ou Treserols, das que o Pico Cilindro (3.328 m) é a máis noroccidental e seguen o propio Monte Perdido (3.355 m) e o pico Soum de Ramond (3.263 m).

O seu nome débese á impresionante cara Norte, unha parede vertical redondeada cunha forma que recorda a un cilindro xeométrico e o seu sobrenome débese a que a mesma cara Norte domina o circo glaciar de Marboré, onde se acha o Ibón de Marboré.