Pomacéntridos
Os pomacéntridos (Pomacentridae) son unha familia de peixes mariños incluída na suborde Labroidei, da orde dos Perciformes.
A denominación da familia deriva do grego poma, cobertura (en referencia ó opérculo), e kentron, aguillón, pola liña puntiaguda que presentan na marxe do opérculo.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Corpo oval, alto e comprimido, con boca pequena e protráctil. A aleta dorsal, única, posúe 9-14 radios espiñosos (normalmente, 12-13) e 11-18 radios brandos. Na anal, 2 espiñas.
Alcanzan tamaños máximos de 35 cm.
Hábitat e bioloxía
[editar | editar a fonte]Son especies de mares tropicais e temperados do Indopacífico, raramente de augas salobres.
É característico o seu sedentarismo e forte territorialidade, o que, unido ás chamativas cores dalgunhas especies, fai que sexan moi apreciados en acuarioloxía.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A familia pomacéntridos divídese en 28 xéneros e 321 especies (FishBase).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pomacéntridos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pomacéntridos |