Pronunciamento
O termo pronunciamento ten a súa orixe na España do século XIX. Foi utilizado por primeira vez no levantamento do xeneral Riego en 1820 e é unha das expresións castelás que pasaron a formar parte do vocabulario universal. Trátase dunha sublevación ou rebeldía militar ou civil, a través da cal o xefe dunha tropa ou unha institución eríxense en portavoz dun sector social ou estado de opinión representativo da vontade nacional e busca o apoio das forzas políticas e a opinión pública para lograr un cambio na política do goberno, ou ata a conquista directa do poder. Trátase pois dun fenómeno político-militar moi habitual non só en España senón tamén nas recentes nacións independentes de Latinoamérica ao longo do século, onde seguiu aplicándose con bastante frecuencia tamén no século XX.
De feito, en España, en 1835, 1836 e 1840 son as institucións civís, como os concellos de 1840, as que se pronuncian para cambiar o rumbo do Goberno. Normalmente foron accións na maioría dos casos protagonizadas por militares que, implicados nunha conspiración política, sacaban as súas tropas á rúa e «pronunciábanse» por medio de arengas, bandos, proclamas ou manifestos onde explicaban as causas da súa actitude e ameazaban coa utilización da forza á vez que pedían a participación popular.
Pronunciamento ou golpe de estado
[editar | editar a fonte]No momento presente, existe a tendencia a usar o concepto de golpe de estado ata nos casos en que o termo correcto sería pronunciamento, polo cal esta última expresión tendeu a quedar reservada principalmente para a específica definición historiográfica da gran maioría das actitudes militares contemporáneas españolas de carácter subversivo.
O levantamento do xeneral absolutista, Elío en 1814 foi máis ben un golpe militar contra a legalidade constitucional que precisamente obrigou a que as forzas sociais liberais tiveran que se apoiar en «pronunciamentos militares» para restablecer a lexitimidade do sistema aprobado nas Cortes de Cádiz.
Así, os primeiros pronunciamentos foron protagonizados por liberais revolucionarios, como os de Porlier (1815), Richart (1816), Lacy e Milans del Bosch (1817), Vidal (1819), Riego (1820), Valdés (1824), Capapé (1824) e Torrijos (1830). Con todo, os de Llauder e Quesada en 1834, e o motín dos sarxentos de La Granja en 1836 eran parte dunha cadea de pronunciamentos urbanos a favor da entrada dos liberais ao poder, así como o de Espartero en 1840, ratificando unha cadea de concellos pronunciados contra a lei moderada.
Outros feitos militares, a metade de camiño entre o pronunciamento do primeiro liberalismo e un golpismo de novo cuño, foron os de Diego de León (1841), Zurbano (1844), O'Donnell e Dulce (1854), Prim (1864), Pavía (1874), Martínez Campos (1874), Serafín Asensio (1883), Ferrándiz (1884), Casero (1885) e Villacampa (1886).
O caso de 1868 (Revolución gloriosa) consistiu nunha ampla conxunción de forzas sociais onde os militares foron expresión instrumental de partidos, como no caso de Serrano e Prim.
Tan gran número de pronunciamentos considerouse a proba do militarismo na vida política da España do século XIX. Con todo, sería máis axustado á realidade analizar como detrás de cada pronunciamento triunfante sempre houbo un extenso e sólido armazón de civís con intereses sociais ben precisos que eran os que empurraban a eses militares a forzar o cambio de goberno. Ademais, os militares, cando triunfaban, non militarizaban a vida política, e isto só empezou a ocorrer a partir do século XX, primeiro coa Lei de xurisdicións de 1906 e logo coa ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) e de Franco (1936-1975) nas que o sector militar ocupou o Estado como tal.[1]
Pronuciamentos por períodos
[editar | editar a fonte]Na sección seguinte relaciónanse unhas táboas coa cronoloxía dos períodos de pronunciamentos en España nos séculos XIX ao XX, dende 1814 ata 1981. O primeiro período inclúen aos producidos durante o século XIX, dende o retorno de Fernando VII até o remate do século XIX. O segundo período, inclúe os habidos durante o século XX, comezando polo realizado por Primo de Rivera que dá lugar á súa Ditadura, até o producido durante o reinado Xoán Carlos I.
Primeiro período (1814-1923)
[editar | editar a fonte]Reinado de Fernando VII, O Desexado (1814-1833)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1814 | F. J. de Elío | Capitán Xeneral | Valencia | presión non violenta | absolutista | Exitoso |
1814 | F. Espoz y Mina | Mariscal de campo | Pamplona | clásico | liberal | Errado, fuxiu a Francia |
1815 | Juan D. Porlier | Xeneral | Galicia | clásico | liberal | Errado, foi aforcado |
1816 | Richart | Comisario de guerra | Madrid | secuestro do Rei | liberal | Errado, foi fusilado |
1817 | L. Lacy | Tenente Xeneral | Caldetas | clásico | liberal | Errado, foi fusilado |
1819 | Vidal | Coronel | Valencia | clásico | Repoñer no trono a Carlos IV | Errado, 15 homes aforcados |
1820 | Rafael del Riego | Tenente Coronel | Cabezas de San Juan | clásico | liberal | Exitoso, comeza o período liberal (1820-1823) |
1822 | Fernández de Córdoba | Oficial | Madrid | clásico | absolutista | Errado |
1824 | Joaquín Capapé | Xeneral de Brigada | Zaragoza | clásico | absolutista | Errado, foi absolvido |
1824 | F. Valdés | Coronel | Tarifa | desembarco | liberal | Errado |
1825 | G. Bessières | Mariscal | Xetafe | clásico | absolutista | Errado, fusilado con 8 oficiais |
1926 | Irmáns Fernández Bazán | Oficiais | Alacant | Desembarco | liberal | Errado, os dous foron aforcados |
1830 | F. Espoz y Mina | Mariscal de campo | Pireneos | invasión | liberal | Errado, retornou a Francia |
1830 | José M. de Torrijos | Xeneral | Málaga | desembarco | liberal | Errado, 32 fusilados |
Rexencia de María Cristina (1834-1840)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1834 | Llauder | Capitán Xeneral | Barcelona | presión non violenta | liberal moderado | Errado |
1834 | V. Quesada | Capitán Xeneral | Madrid | presión non violenta | liberal moderado | Exitoso, Estatuto Real de 1834 |
1835 | Cayetano Cardero | Oficial | Madrid | clásico | liberal | Exitoso, sen resulta política |
1835 | V. Quesada | Capitán Xeneral | Madrid | non tradicional | liberal | Exitoso, Ministerio Mendizábal |
1836 | García, Gómez e Lucas | Sarxentos | La Granja de San Ildelfonso | motín dos sarxentos | liberal | Exitoso, Constitución de 1837 |
1836 | Boil | Comandante | Valencia | clásico | liberal | Errado |
1838 | Fernández de Córdoba | Xeneral | Sevilla | non tradicional | de ideoloxía confusa | Errado, fuxiu a Francia |
Rexencia do xeneral Espartero (1840-1843)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1841 | O'Donnell, Diego de León, Concha, Montes de Oca, ... | Xenerais | Madrid e Zaragoza | clásico | moderados | Errado, 200 fusilados e 5 xenerais |
1843 | Prím e Narváez | Xenerais | Reus e Valencia | clásico | moderado e progresista | Exitoso, Isabel II é declarada maior |
Reinado de Isabel II (1843-1868)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1844 | Pantaleón Bone | Oficial | Alacant e Cartaxena | clásico | progresista | Errado, 24 fusilados |
1844 | Autores diversos | Diversos graos | Maestrazgo | clásico | carlista | Errado |
1844 | Zurbano | Xeneral | Navarra | clásico | liberal | Errado, cos seus 2 fillos |
1846 | Miguel Solís | Comandante | Lugo | clásico | progresista | Errado, 12 oficiais fusilados |
1848 | José Fulgosio | Xeneral | Madrid | clásico | progresista | Errado, varios fusilamentos |
1854 | José de Hore | Xeneral de Brigada | Zaragoza | clásico | progresista | Errado, morre combatendo |
1854 | O’Donnell e Dulce | Xenerais | Vicálvaro | clásico | moderado e progresista | Exitoso, Ministerio de Espartero |
1860 | Ortega | Capitán Xeneral | Illas Baleares | clásico | carlista | Errado, foi fusilado |
1860 | Sixto Cámara | Xefe de milicias | Varios lugares | clásico | republicano | Errado |
1866 | Insurrección de Villarejo | Grados diversos | Ó redor de Madrid | clásico | contra a raíña Isabel II | Errado |
1866 | Hidalgo | Capitán | Cuartel de San Gil | motín de sarxentos | contra a raíña Isabel II | Errado, 66 insurxentes fusilados |
1867 | Moriones | Coronel | Madrid | clásico | contra a raíña Isabel II | Errado |
1868 | Serrano, Prím e Topete | Xenerais e Almirante | Cádiz e Córdoba | clásico | contra a raíña Isabel II | Exitoso, caída da Monarquía |
Primeira República (1873-1874)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1873 | Rexementos | Oficiais artilleiros | Lugares diversos | motín | conservador | Disolución do Exército |
1873 | Dos Oficiais | Diversos graos | Lugares diversos | motín | corporativo | Exitoso, lei sobre a pena de morte |
1874 | Pavía | Xeneral | Madrid | asalto as Cortes | Antirepublicano | Exitoso, fin da 1ª República |
1874 | Martínez Campos | Xeneral | Sagunt | clásico | monárquico | Exitoso, restauración da Monarquía |
Restauración (1875-1923)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1883 | Serafín Asensio | Tenente Xeneral | Badaxoz | clásico | republicano | Errado, fuxiu au Portugal |
1884 | Ferrándiz | Comandante | Santa Coloma (Xirona) | clásico | republicano | Errado, fusilamento dos seus xefes |
1885 | Casero | Sarxento | Cartaxena | clásico | republicano | Errado, fuxiu a Orán |
1886 | Villacampa | Xeneral de Brigada | Madrid | clásico | republicano | Errado, cadea perpetua |
Segundo período (1923-1981)
[editar | editar a fonte]Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1923 | Primo de Rivera | Tenente Xeneral | Barcelona | clásico | Proditador | Exitoso, comeza unha ditadura por Decretos |
1926 | Segundo García | Coronel | Valencia | clásico | constitucionalista | Errado, 8 anos de cárcere |
1929 | Rexementos artilleiros | Diversos | Segovia | motín | complexo | Disolución do Exército |
1929 | Sánchez Guerra | Exministro | Valencia | motín | constitucionalista | Errado |
1930 | Galán e García Hernández | Capitáns | Jaca | clásico | prorrepublicano | Errado, foron fusilados |
1930 | Queipo e Ramón Franco | Xeneral e Comandante | Cuatro Vientos | clásico | prorrepublicano | Errado, fuxiron a Portugal |
Segunda República (1931-1936)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1932 | Sanjurjo | Xeneral | Madrid e Sevilla | clásico | monárquico | Errado, pena de morte conmutada en cadea perpetua |
1936 | Mola, Sanjurjo, Goded, Queipo, Franco | Xenerais | Lugares diversos | clásico | anti-Fronte Popular | Guerra civil, ata 1939 |
Monarquía constitucional de Xoán Carlos I (1978-2014)
[editar | editar a fonte]Ano | Pronunciamento de | Grado | Lugar | Tipo de pronunciamento |
Pertenza política | Resultado |
---|---|---|---|---|---|---|
1981 | Tejero e Milans del Bosch | Tenente Coronel e Xeneral | Madrid e Valencia | clásico, asalto as Cortes | antidemocrático | Errado, 30 anos de cárcere |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Fonte: G Payne, « Los militares y la política en la España contemporánea », Madrid, Sarpe, 1986.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martínez-Vasseur, Pilar (2003). L'Armée espagnole (XIX et XX siècles. Ellipses Editions, Paris. ISBN 2-7298-1669-0.
- Chalvidant, Jean (2006). L'Espagne de Franco à Zapatero. Atlantica, Biarriz. ISBN 2-84394-930-0.