Saltar ao contido

Raíña das xunqueiras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A raíña das xunqueiras, Epipactis palustris,[1] é unha especie de orquídea terrestre, do xénero Epipactis, tribo Neottieae, subfamilia Epidendroideae, familia Orchidaceae. Distribúese polas zonas tépedas de Europa, Siberia e Mongolia, atopándose en bosques e en espazos abertos, con desenvolvemento baixo terra, en chans moi húmidos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Todas estas especies teñen unha dependencia moi forte na súa simbiose coa súa madexa de hifas.

Os seus rizomas carnosos e rastreiros, desenvolven gomos, polo que na próxima primavera emerxe un talo de cor purpureo erecto duns 20-70 cm de lonxitude.

Presentan de 4 a 8 follas lanceoladas, alternas, que se desenvolven sucesivamente cada vez máis curtas até cerca do extremo do talo. As súas marxes son enteiras, o extremo picudo.

A inflorescencia en acio consta de flores simétricas bilaterais cun atraínte colorido. Os 3 sépalos e os 2 pétalos laterais son ovoides e acuminados. A súa cor pode variar de verde esbrancuxada, con bandas dun púrpura pálida no interior dos sépalos, os dous pétalos superiores máis pequenos que os sépalos con manchas localizadas ao pé de columna de cor amarela e ás laterais brancas con bandas púrpura a rosa.

O labelo está dividido por un hipochilo con forma de bóla, coa superficie externa dun amarelo pálido. O epichilo de branco é ondulado con forma de corazón e bordos festoneados.

O ovario é infero. Produce unha cápsula seca con incontables sementes diminutas.

Epipactis palustris, inflorescencia.
Epipactis palustris var. ochroleuca, inflorescencia.
Epipactis palustris.

Estas orquídeas distribúense nas zonas tépedas de Europa, Siberia, e en Mongolia, en chans moi húmidos en bordos de pantanos e terreos enchoupados xunto a carrizos e outras plantas de zonas húmidas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita inicialmente como Serapias helleborine var. palustris por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 2: 950, en 1753, actualmente, é tanto un sinónimo como o basónimo desta.[2]​ Finalmente, sería descrita como Epipactis palustris por Heinrich Johann Nepomuk von Crantz en Stirpium Austriarum Fasciculus 2: 462, en 1769.​[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Epipactis: nome xenérico que procede do grego επιακτις (epipaktis), nome dunha planta medicinal usada na Grecia clásica.

palustris: epíteto latino que significa "dos pantanos", "palustre", "da auga" ou "que crece nos pantanos", pois se desenvolve en terreos moi húmidos e enchoupados.[4][5]

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Serapias helleborine var. palustris L., 1753 (basónimo)
  • Helleborine palustris (L.) Hill, 1756
  • Serapias longifolia L., 1763
  • Serapias palustris (L.) Mill., 1768
  • Epipactis longifolia (L.) All., 1785
  • Serapias longiflora Asso, 1779
  • Helleborine longifolia (L.) Moench, 1794
  • Cymbidium palustre (L.) Sw., 1799
  • Helleborine latifolia Moench, 1802
  • Helleborine palustris (L.) Schrank, 1814
  • Epipactis salina Schur, 1866
  • Epipactis palustris f. ochroleuca Barla, 1868
  • Arthrochilium palustre (L.) Beck, 1890
  • Limodorum palustre (L.) Kuntze, 1891
  • Calliphyllon palustre (L.) Bubani, 1901
  • Amesia palustris (L.) A. Nelson & J.F. Macbr., 1913

Especies e híbridos naturais de Epipactis palustris

[editar | editar a fonte]
  • Epipactis palustris (L.) Crantz 1769 : Europa a Caucaso e Mongolia.

Híbridos cultivares

[editar | editar a fonte]
  • Epipactis Alegría (Ep. palustris × thunbergii)
  • Epipactis Colorado (Ep. atrorubens × palustris) (Estes nomes son os rexistrados pola Royal Horticultural Society de Londres.)
  • Epipactis Passionata (palustris × royleana)
  • Epipactis Renate (palustris × veratrifolia)
  • Epipactis Sabine (gigantea × palustris)
  • Epipactis Ventura (palustris × mairei)

Estas especies non se atopan dispoñibles para o público en xeral, senón que se atopan soamente en xardíns especializados.

  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. "Serapias helleborine var. palustris" (en inglés). Consultado o 2023-04-30. 
  3. "Epipactis palustris" (en inglés). Consultado o 2023-04-30. 
  4. Harrison, Lorraine (2012). RHS Latin for gardeners. United Kingdom: Mitchell Beazley. p. 224. ISBN 9781845337315. 
  5. En Nombre Botánicos

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leroy-Terquem, Gerald e Jean Parisot. Orchids: Care and Cultivation. Londres: Cassel Publishers Ltd., 1991.
  • Schoser, Gustav. Orchid Growing Basics. Nova York: Sterling Publishing Co., Inc., 1993.
  • White, Judy. Taylor’s Guide to Orchids. Frances Tenenbaum, Series Editor. Nova York: Houghton-Mifflin, 1996.
  • Alec Pridgeon. The Illustrated Encyclopedia of Orchids. Publicado por Timber Press.
  • Bechtel, Cribb e Launert. The Manual Of Cultivated Orchid Species. Publicado por MIT Press.