Raúl González Gómez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de abril de 1903 Ventosela, España |
Morte | 1995 (91/92 anos) valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Membro de | |
Raúl González Gómez, nado en Ventosela (Ribadavia) o 13 de abril de 1903 e finado en 1995, foi un mestre e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou no Maxisterio en 1928. Mestre en Ventosela, durante a Segunda República militou no Partido Republicano Radical Socialista. En 1932 enfrontouse a un expediente de suspensión por reivindicar un local axeitado para a escola. Estivo suspendido de emprego e soldo. Foi membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense (ATEO) e colaborou na súa revista Escuela del Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ourense por rebelión militar. Foi sentenciado a pena de morte, conmutada a cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión de Ourense.[1] En 1943 conmutáronlle a pena por 15 anos de inhabilitación. Dedicouse ao ensino privado e incorporouse en 1966 ao ensino público. Morreu en 1995.