Ravo
Ravo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Raphanus sativus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Raphanus sativus' L., Sp.Pl., 2, p.669, 1753 [1] | |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
|
Valor nutricional por 100 g | |
---|---|
Enerxía | 66 kJ (16 kcal) |
3.4 g | |
Azucres | 1.86 g |
Fibra alimentaria | 1.6 g |
0.1 g | |
0.68 g | |
Vitaminas | Cantidade %DV† |
Tiamina (B1) | 1% 0.012 mg |
Riboflavina (B2) | 3% 0.039 mg |
Niacina (B3) | 2% 0.254 mg |
Ácido pantoteico (B5) | 3% 0.165 mg |
Vitamina B6 | 5% 0.071 mg |
Ácido fólico (B9) | 6% 25 μg |
Vitamina C | 18% 14.8 mg |
Minerais | Cantidade %DV† |
Calcio | 3% 25 mg |
Ferro | 3% 0.34 mg |
Magnesio | 3% 10 mg |
Manganeso | 3% 0.069 mg |
Fósforo | 3% 20 mg |
Potasio | 5% 233 mg |
Cinc | 3% 0.28 mg |
Outros constituíntes | Cantidade |
Auga | 95.3 g |
| |
†As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos. |
O ravo, de nome científico Raphanus sativus, é unha hortaliza bianual da familia das Brasicáceas, cultivado polos seus característicos hipocotilos, (a parte do talo situado baixo os cotiledóns) de consistencia carnosa. O ravo consómese normalmente cru, sobre todo en ensaladas. O termo designa tamén por extensión á planta que o produce. Os seus froitos preséntanse nunha especie de cápsulas chamadas sílicuas.
Variantes
[editar | editar a fonte]A parte comestible, un bulbo de polpa branca, é a parte subterránea e inchada do talo, a que queda xusto enriba da raíz. Pódense atopar ravos de pela de cores varias que van dende o vermello ata o branco, pasando polos rosas, brancos cinsentos, ou mesmo brancos rotos dalgunhas variedades. De calquera forma, o vermello é a variante máis coñecida e corrente. Do mesmo xeito, e dentro da mesma especie, a forma do bulbo tamén pode variar, polo que podemos atopar ravos redondos, ou ben de forma alongada.
- Existe unha gran variedade de ravos de pela amarela, que teñen un sutil sabor a limón.
- O ravo negro (Raphanus sativus var. niger) (ás veces chamado incorrectamente ravo picante, aínda que non pertenza ó seu mesmo xénero) é unha variante de tamaño moito maior e de sabor máis picante.
- Porén, o ravo branco xigante xaponés, tamén chamado daikon ten un sabor doce.
Consumo
[editar | editar a fonte]Esta hortaliza é rica en vitamina C e posúe propiedades aperitivas e estimulantes, se ben resulta pouco dixestivo se non se deixou alcanzar a madureza.
O bulbo consómese xeralmente cru en ensalada, pero outras especies máis duras poden ser cocidas ó vapor. A carne crúa ten unha textura crocante e un sabor picante en maior ou menor medida segundo a variante do ravo. O "picante" do gusto pódese eliminar retirando a pel externa. O ravo é máis picante canto maior teña sufrido unha falta de auga durante o seu crecemento.