Saltar ao contido

Robert I. Nesmith

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRobert I. Nesmith
Biografía
Nacemento16 de setembro de 1891
Morte28 de xullo de 1972.
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de California en Berkeley.
Q89547790Estudos de moeda americana.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Membro de
Familia
CónxuxeMarg Sammons. Editar o valor en Wikidata
Premios
1958: Medalla Huntington (ANA).

Robert I. Nesmith, nado en Nova York o 16 de setembro de 1891 e finado o 28 de xullo de 1972, foi un fotógrafo e numismático estadounidense, especialista no achado de tesouros.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fotógrafo

[editar | editar a fonte]

Robert Nesmith foi o titular dunha compañía de fotografía chamada R. I. Nesmith & Associates, na cidade de Nova York.[1][2]

Tamén ocupou o cargo de fotógrafo xefe e director do Copper Comando, unha publicación periódica quincenal nada en 1942 e publicada durante a segunda guerra mundial que destacaba a importancia da produción de metais en tempos de guerra.[1][2]

No Cooper Comando, Nesmith contaba con Marg Sammons como editora asociada neste proxecto, e ambos acabaron contraendo matrimonio e establecendo a consultora de comunicación Newcomb and Sammons, con sede en Chicago.[2]

Posteriormente Nesmith foi o propietario e director da libraría The Foul Anchor, en Rye, Nova York, especializada na procura de tesouros.[1][2]

Numismático

[editar | editar a fonte]

Paralelamente á súa profesión como fotógrafo, Neismith foi un apaixonado pola numismática. En 1943 ingresou na American Numismatic Society como membro asociado, e en 1944 pasou a ser membro de plano dereito.[1]

Dentro do ámbito numismático especializouse na descuberta de tesouros monetarios e doutro tipo, ámbito sobre o que publicou algúns estudos.[1][3][4]

Como coleccionista, centrou o seu interese na moeda española e hispanoamericana. A súa colección foi vendida en diversas poxas públicas a partir de 1950 e durante as décadas seguintes.[5][6]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Robert I Nesmith ao longo da súa traxectoria:

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Nesmith, Robert I., 1891-1972". American Numismatic Society (Numismatics.org).
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Robert I. Nesmith photographs, 1942-1944". Archives West. Montana Historical Society.
  3. 3,0 3,1 Smith, P. (2012).
  4. "Robert I. Nesmith's Treasure Hunter Brotherhood". En The E-Sylum: Vol. 23. Nº 47. 22 de novembro de 2020.
  5. Mail bid sale Nº 10: The George W. Husker collection, the Robert I. Nesmith collection. H. Grunthal / Numismatic Fine Arts, 1951. Páxinas 37-42.
  6. Richard Henry Harding, Robert I. Nesmith, Spartacus. Selections for Auction. Henry Christensen Inc, 1970. Páxinas 48-49.
  7. "The Huntington Medal Award". American Numismatic Society.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]