John M. Kleeberg
Biografía | |
---|---|
País de nacionalidade | Estadounidense |
Educación | Universidade Yale. Universidade de Oxford. |
Q89547790 | Estudos de numismática norteamericana e hispanoamericana |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Premios | |
2018: Medalla Huntington (ANA). |
John M. Kleeberg, nado en Nova York, é un numismático estadounidense especializado na historia da moeda norteamericada e hispanoamericana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo de completar o ensino secundario na Stuyvesant High School de Nova York en 1975, Kleeberg realizaou os seus estudos superiores na Universidade Yale, onde en 1979 se graduou cunha dobre titulación en Latín e Historia, cunha tese titulada The interrelationship between Contemporary events and Mommsen’s Historiography. Posteriormente trasladouse a Inglaterra, onde en 1988 se doutourou na Universidade de Oxford, cunha tese sobre a Historia moderna titulada The Disconto-Gesellschaftand German Industrialization: A Critical Examination of the Career of a German Universal Bank, 1851-1914”.[1][2][3]
En 1990 comezou a desenvolver a súa carreira profesional na American Numismatic Society, de Nova York, onde foi nomeado conservador axudante de moeda moderna, e catro anos despois foi ascendido ao posto de conservador titular.[2][3]
Simultaneamente, no Círculo Numismático de Nova York ocupou os cargos de secretario-tesoureiro, vicepresidente e, finalmente, presidente entre 1992 e 1997.[2]
A partir de 1991 foi autor e, sobre todo, editor de diversas obras numismáticas, fundamentalmente acerca da historia da moeda en Norteamérica e en Hispanoamérica. Entre o seu labor como editor destaca a edición en varios volumes das actas das series de conferencias Coinage of the Americas.[2] Así mesmo, forma parte do comité editorial da publicación periódica American Journal of Numismatics e é editor asociado de The Colonial Newsletter.[3]
En 2000 deu un xiro á súa carreira profesional e abandonou o seu posto na American Numismatic Society para iniciar novos estudos, na Escola de Dereito da Universidade de Nova York, onde que se graduou como Juris Doctor en 2002. O ano seguinte superou as condicións para ser admitido no Colexio de Avogacía de Nova York e en 2004 foi admitido como avogado en prácticas.[2] Como xurista, participa tamén desde 2010 na Comisión de Reclamacións Xudías contra Alemaña.[3]
Malia o seu afastamento da numismática como dedicación profesional, Kleeberg continúa a ser membro da American Numismatic Society[4] e mantén a súa dedicación á investigación e á edición, fundamentalmente en forma de artigos.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]John M. Kleever é un autor prolífico de artigos publicados en prestixiosas revistas numismáticas e historiográficas. Ademais, é autor de dous traballos monográficos e editor doutra media ducia:[8][9]
Como autor
[editar | editar a fonte]- (2009). Numismatic Finds of the Americas. An Inventory of American Coin Hoards, Shipwrecks, Single Finds and Finds in Excavations. Numismatic Notes and Monographs 169. American Numismatic Society. ISBN 978-0-89722-311-9
- (2009). An Island of Civility. The Centennial History of the New York Numismatic Club 1908/09-2008/09 (con D. T. Alexander). The New York Numismatic Club. ISBN 9780615329628
Como editor
[editar | editar a fonte]- (1992). Money of Pre-Federal America. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 7. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222488
- (1994). Canada's Money. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 8. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222525
- (1995). America's Silver Dollars. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 9. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222570
- (1998). America's Large Cent. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 12. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222716
- (2000). Circulating Counterfeits of the Americas. Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 14. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 9780897222792
- (2006). Money of the Caribbean (con R. G. Doty, eds.). Proceedings of the Coinage of the Americas Conference, 15. American Numismatic Society, Nova York. ISBN 978-0-89722-285-3
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kleeberg, John. 1988. Thesis: The Disconto-Gesellschaft and German industrialization". En Oxford University Research Archive.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Biographical Sketch: John M. Kleeberg". En The Colonial Newsletter. Nº 125. Abril de 2004. Páxina 2.600.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "John M. Kleeberg: Curriculum Vitae". Academia.edu
- ↑ "ANS Fellows 2021". American Numismatic Society.
- ↑ "Recipients of the Huntington Medal Award". American Numismatic Society.
- ↑ "2018 Huntington Award to John Kleeberg". American Numismatic Society.
- ↑ "2018 Huntington Award to John Kleeberg". Coins Weekly. 22 de novembro de 2018.
- ↑ "Kleeberg, John M. Arquivado 22 de marzo de 2021 en Wayback Machine.". Digital Library Numis.
- ↑ "Kleeberg, John M.". WorldCat Identities.
Este artigo ou categoría carece de ligazóns interlingüísticas. Engádellas premendo na opción "Engadir ligazóns" da columna da esquerda e escribindo o código de lingua e mais o nome correspondente a este artigo ou categoría nesa lingua. Logo diso retira o modelo {{Seniw}} da páxina.Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |