Shenron vermello
Shenron vermello (赤いシェンロン Akai Shenron?) é un personaxe ficticio do anime Dragon Ball GT. É un dragón que concede desexos. Aparece ó ser empregadas as Bólas do Dragón de estrela negra. Foi convocado por Pilaf por primeira vez. A súa aparencia é similar á do Shenron normal excepto pola súa cor vermella, o cal lle dá o seu nome, e polo seu tamaño, cinco veces máis grande que o Shenron normal. Estas Bólas do Dragón de estrela negra teñen maior poder, xa que o Kamisama creounas moito antes de separarse de Piccoro e, tras a súa fusión de novo con el, volveron existir. Estas bólas son máis poderosas que ningunha das existentes, polo que este dragón pode cumprir desexos que non poderían conceder nin Shenron nin Polunga, porén, ten un gran e desastroso inconveniente: Unha vez activadas, o planeta onde se concede o desexo estoura no prazo dun ano. Soamente foi invocado dúas veces en toda a serie, antes de ser destruídas ó sacrificarse Piccoro. Unha foi cando Pilaf quería conquistar o mundo e en vez diso pediu converter a Son Goku en neno, e a outra foi cando Vexeta Bebé pediu un planeta preto da Terra idéntico ó Planeta Plant, antiga localización dos Tsufurs. Este Shenron vermello non debe ser confundido co dragón Kokuen no Ryū.