Saltar ao contido

Son Goku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Son Goku
Personaxe de Dragon Ball
Primeira aparición Dragon Ball capítulo #1: Bulma e Son Goku (1984)
Creado por Akira Toriyama
Dobrado por Xaponés: Masako Nozawa
Galego: Tonia Fuentes (cativo)
Julio Lorenzo e Antón Rubal (adulto)
Perfil
AlcumesKakarotto
SexoMasculino
Parentes coñecidosBarduck (pai)
Gine (nai)
Raditz (irmán)
Chichi (esposa)
Son Gohanda (fillo)
Son Goten (fillo)

Son Goku (孫 悟空 Son Gokū?, tamén chamado Goku) é un personaxe de ficción e o principal protagonista da franquía Dragon Ball creada por Akira Toriyama. Baséase en Sun Wukong, o personaxe central de Viaxe é Oeste, mais Toriyama cambiou moitas das súas características para que fose máis orixinal. Goku é introducido como un estraño neno con rabo de mono que practica artes marciais e posúe unha forza sobre-humana.[1] Aínda que inicialmente se pensaba que era terráqueo, despois revélase que Son Goku é parte dunha raza guerreira extraterrestre coñecida como os Guerreiros do espazo,[2] e que naceu no Planeta Vexeta. O seu nome de Guerreiro do espazo, Kakarotto ou Kakarot (カカロット?), provén da deformación do inglés Carrot (キャロット Kyarotto?, cenoria).

Dragon Ball segue a Goku mentres adestra en varias artes marciais e procura por todo o planeta as Bólas do Dragón. A través das súas aventuras atopa moitos outros personaxes que comparten obxectivos semellantes, como Bulma que viaxa con el para atopalas Bólas do Dragón. Cando Goku medra, el xa é un dos máis fortes guerreiros da Terra e protéxea de malvados que queren danar o seu planeta de adopción. Son Goku é descrito como despreocupado e inocente, mais é rápido ó aprender novas técnicas na loita. Como outros personaxes da serie, Son Goku ten a habilidade de concentrar o seu chi para empregar varios ataques de enerxía, sendo o máis destacado a súa Onda Vital, un ataque que lanza unha onda de enerxía azul das súas mans.

  1. Toriyama, Akira (15 de setembro de 1985). "1 ブルマと孫悟空". 孫悟空と仲間たち. Dragon Ball (en Japanese) 1. Shueisha. ISBN 1-56931-920-0. 
  2. Toriyama, Akira (15 de maio de 1989). "197 孫悟空の過去!!". かつてない恐怖. Dragon Ball (en Japanese) 17. Shueisha. ISBN 1-56931-930-8. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]