Saltar ao contido

Sigrid Undset

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSigrid Undset

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de maio de 1882 Editar o valor en Wikidata
Kalundborg (Dinamarca) Editar o valor en Wikidata
Morte10 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Lillehammer (Noruega) Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMesnali Churchyard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCatolicismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFru Ragna Nielsens skole (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHaxiografía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1941–1945) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, guionista, prosista, escritora, tradutora, poetisa Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1907 Editar o valor en Wikidata - 1949 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela histórica Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAnders C. Svarstad (1912–1927) Editar o valor en Wikidata
PaisIngvald Undset Editar o valor en Wikidata  e Charlotte Undset Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
novembro de 1924Conversión Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Унсет Сигрид)
Store norske leksikon (pt) Traducir
Norsk biografisk leksikon (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0881057 BNE: XX946639 Discogs: 1032165 WikiTree: Undset-25 Find a Grave: 10491878 Editar o valor en Wikidata

Sigrid Undset, nada en Kalundborg (Dinamarca) o 20 de maio de 1882 e finada en Lillehammer o 10 de xuño de 1949, foi unha escritora norueguesa.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Filla de Ingvald Undset, arqueólogo de renome internacional especializado na Idade de Ferro en Europa, naceu en Dinamarca, pero a súa familia trasladouse a Noruega cando ela contaba con dous anos. Realizou os seus estudos en Oslo, pero non puido ir á universidade a causa da morte do seu pai. Traballou como secretaria nunha importante empresa de enxeñaría cando contaba con dezaseis anos.

As súas primeiras novelas foron Fru Marta Oulie (1907), Jenny (1911) e Vaaren (1914), nas que escribe en contra dos defensores do «amor libre». Incrementou e consolidou a súa fama con De kloge jomfruer (1918) e o ensaio Et kvindesynspunk (1919).

As súas obras máis coñecidas son Kristin Lavransdatter (1920-1922) e Olav Audunssön (1925-1927), nas que trata o permanente conflito entre o amor terreal e o divino.

Converteuse ao catolicismo en 1924, experiencia que narrou en Gymnadenia (1929) e en Den brændende busk (1930). Profesou na Terceira Orde da Penitencia de Predicadores como Dominica segrar. En 1940 trasladouse aos Estados Unidos, a causa da súa oposición á Alemaña nazi e a ocupación alemá de Noruega, onde participou activamente en movementos de loita contra os nazis. Volveu a Noruega en 1945, tras a finalización da segunda guerra mundial.

Outras obras que cabe destacar son as novelas Den trofaste hustru (1936) e Madame Dorothea (1939), a súa autobiografía, Elleve aar (1934) e a súa famosa biografía sobre Catarina de Siena (1951).

Foi galardoada en 1928 co premio Nobel de Literatura.

Obra publicada

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]