Soiuz TM-9
Soiuz TM-9 | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 11 de febreiro de 1990, 6:16 GMT[1][2][3][4] |
Foguete portador | Soiuz U2[2][5] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][6] |
Duración da misión | 179,05 días[6] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Mir.[2][6] |
Regreso | 9 de agosto de 1990[1][6] |
NSSDC ID | 1990-014A |
Masa | 7150,0 kg[2][5][6] |
Soiuz TM-9 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 11 de febreiro de 1990 mediante un foguete Soiuz U2 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TM-9, unha Soiuz modelo TM cos cosmonautas Balandin e Anatoli Soloviev a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa estación espacial Mir, facer experimentos científicos e manter a estación. A tripulación tamén se viu obrigada a facer dous paseos espaciais tras descubrir que tres das oito mantas térmicas que recubrían o módulo de descenso da súa Soiuz estaban soltas, poñendo en perigo o control térmico da nave e existindo risco de que bloquearan sensores necesarios para a reentrada.[2][3][4][5]
Durante a súa misión recibiron a visita da Progress M-3, a Progress 42, o novo módulo Kristall para a estación e a Soiuz TM-10.[2][3][4][5]
A Soiuz TM-9 regresou a terra o 9 de agosto de 1990 ás 7:35 GMT, aterrando a 70 km de Arkalyk (Kazakhstán).[2][3][4][5]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TM 9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz-TM 9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 24 May 1990 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-13696). 31 de maio de 1990: 2. Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz TM-9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz -TM 1 - 15, 17 - 34 (7K-STM, 11F732A51)" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz TM-9" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2017.