Anatoli Soloviev
Aparencia
Anatoli Iakovlevich Soloviev, nado en Riga (Letonia) o 16 de xaneiro de 1948, é un cosmonauta soviético e ruso que formou parte das misións Soiuz TM-4, Soiuz TM-5, Soiuz TM-9, Soiuz TM-15, Soiuz TM-21, Soiuz TM-26 e STS-71.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Soloviev graduouse na Escola Militar Superior de Aviación Lenin Komsomol Chernigov en 1972. Foi seleccionado como cosmonauta en agosto de 1976, participando nas misións Soiuz TM-4, Soiuz TM-5, Soiuz TM-9, Soiuz TM-15, Soiuz TM-21, Soiuz TM-26 e STS-71 e pasando un total de 651,0 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Solovyov, Anatoli Yakovlevich" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 NASA (ed.). "NASA-5 Biographies" (en inglés). Consultado o 29 de maio de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Anatoli Soloviev |