Saltar ao contido

Survival International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Survival International
Tipoorganización de dereitos humanos e organización sen ánimo de lucro
Campo de traballoPobos illados e Dereitos indíxenas
Data de fundación1969
Fundador(es)Robin Hanbury-Tenison e Conrad Gorinsky
Presidente/aRobin Hanbury-Tenison (pt) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
PremiosPremios Nobel Alternativos
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
https://www.survivalinternational.org/, https://www.survivalinternational.fr/, https://www.survival.es/, https://www.survival.it/, https://www.survivalinternational.nl/, https://www.survivalbrasil.org/, https://www.survivalinternational.in/hi e https://www.survivalinternational.in/or
Facebook: survival Twitter: survival Instagram: survivalinternational Youtube: UC8VQV2tSxBeQlXHxsXeneXA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Survival International é unha organización mundial de apoio aos pobos indíxenas, cos obxectivos de defender as súas vidas, protexer as súas terras e decidir o seu propio futuro. Foi fundada en 1969 tras a publicación dun artigo de Norman Lewis no diario británico Sunday Times, no que se expuñan os masacres, o roubo de terras e o xenocidio que se estaban producindo na Amazonia brasileira. Ao igual que moitas das atrocidades que se cometen hoxe, a opresión racista dos indíxenas do Brasil levábase a cabo en nome do "crecemento económico".

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Con oficinas en Madrid, Londres, París, Milán e Berlín, na actualidade Survival conta con simpatizantes en 82 países. O seu traballo de apoio aos pobos indíxenas adopta tres facetas complementarias: traballo educativo, de mediación e campañas. Tamén ofrece aos propios indíxenas unha plataforma desde a que dirixirse ao mundo. Colabora estreitamente con organizacións indíxenas locais, centrándose naqueles pobos que teñen máis que perder, e que son normalmente os que entraron máis recentemente en contacto co mundo exterior.

Survival cre que a opinión pública é a forza máis eficaz para o cambio. O seu poder fará que cada vez sexa máis difícil, ou incluso que chegue a ser imposíbel, que os gobernos e compañías continúen a súa opresión contra os pobos indíxenas.

Survival traballa cunhas 80 tribos diferentes de todo o mundo, desde os pastores de renos de Siberia aos cazadores-recolectores da pluviselva amazónica. O seu traballo céntrase nos pobos máis illados, que son os máis vulnerábeis e os que teñen máis que perder.

Aioreos en Paraguai, jarawa na India, bosquimanos en Botswana, guaranís do Brasil, innu no Canadá etc. Sexan do lugar que sexan, os pobos indíxenas vense privados do seu sustento e o seu xeito de vida; son expulsados da súa terra pola minaría, polas empresas petrolíferas, por empresas farmacéuticas, os cortes de árbores ou os colonos; desprazados por encoros, ranchos de gado ou reservas de caza.

Estes abusos a miúdo xustifícanse alegando que os pobos indíxenas son dalgún xeito “primitivos” ou “atrasados”. Survival traballa por conseguir un mundo en que os diversos xeitos de vida indíxenas sexan comprendidos e aceptados, onde non se tolere a opresión que sofren e poidan vivir nas súas propias terras segundo os seus xeitos de vida, en paz, liberdade e seguridade.

Esta organización foi merecedora do Premio Nobel Alternativo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]