Saltar ao contido

Víctor Mollejo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVíctor Mollejo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Víctor Mollejo Carpintero Editar o valor en Wikidata
21 de xaneiro de 2001 Editar o valor en Wikidata (23 anos)
Alcázar de San Juan, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaLa Villa de Don Fadrique (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2019 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoExtremo esquerdo Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2019–   Atlético de Madrid
2022–   Real Zaragoza

Víctor Mollejo Carpintero, nado en La Villa de Don Fadrique (Toledo) o 21 de xaneiro de 2001, é un futbolista español. Xoga de centrocampista no Atlético de Madrid B, da Primeira Federación.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no CD Villa do seu pobo natal e aos 12 anos entrou na canteira do Atlético de Madrid.[1] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club e no verán de 2017, con 16 anos, fixo a pre-tempada co primeiro equipo. Ese verán debutou nun partido amigable contra o Leganés en Butarque, sendo o primeiro futbolista nacido no século XXI en vestir a camiseta do Atlético.[2]

Na tempada 2017/18, xogando co equipo xuvenil, proclamouse campión do seu grupo da División de Honra, da Copa de Campións e da Copa do Rei Xuvenil.[3] Na tempada seguinte debutou co filial na Segunda División B e xogou a Liga Xuvenil da UEFA co equipo sub-19.

O 19 de xaneiro de 2019, aínda con ficha do filial e dous días antes de cumprir os 18 anos, debutou co primeiro equipo en partido oficial, dándolle entrada o adestrador Simeone no minuto 72 da xornada 20 da Primeira División contra o Huesca no Alcoraz, substituíndo a Koke.[4]

O 2 de setembro de 2019 fichou polo Deportivo da Coruña, cedido polo Atlético de Madrid até o final da temporada.[5] Xogou 38 partidos, 28 deles como titular, e marcou seis goles. Con todo, viviu unha tempada convulsa no club galego, con tres adestradores diferentes, a irrupción da pandemia de COVID-19 e finalmente o descenso á Segunda División B.

Na primeira metade da tempada 2020/21 o Atlético cedeuno ao Getafe CF.[6] Con todo, nos cinco meses que militou no equipo de Bordalás disputou só 71 minutos, polo que en febreiro deixou o club madrileño e foi cedido ao Mallorca, de Segunda División.[7][8] No equipo de Luis García tampouco dispuxo de moitos minutos, actuando en 10 partidos, a maioría como suplente. Con todo, marcou dous goles, contra Lugo e Tenerife, e contribuíu ao regreso do club balear á máxima categoría.[9][10]

Na seguinte campaña volveu ser cedido, desta vez ao Tenerife, club no que recuperou unha continuidade que non lograba dende que xogaba no Deportivo da Coruña. Disputou 43 partidos, 32 deles como titular, e quedou preto de conseguir un novo ascenso, pero perdeu a final da promoción ante o Girona.[11]

Para a tempada 2022/23 foi cedido ao Zaragoza, co que xogou 29 encontros, marcando 3 goles, aínda que unha lesión fíxolle perder varios meses de competición. O seu bo rendemento fixo que o Zaragoza quixese contar co xogador tamén na tempada 2023/24, polo que a súa cesión foi ampliada por un ano máis.[12] Conseguiu números similares aos da campaña anterior, pechando o seu paso polo club aragonés cun total de 61 encontros e 8 goles.

De regreso no Atlético de Madrid non contou coa confianza de Diego Simeone, polo que tentou unha terceira cesión ao Zaragoza. Con todo, non se chegou a un acordo e iniciou a tempada 2024/25 xogando co Atlético de Madrid B na Primeira Federación.[13]

Selección española

[editar | editar a fonte]

Foi internacional coa selección española nas categorías sub-16, sub-17, sub-18 e sub-19, proclamándose campión de Europa con esta última, no torneo celebrado en Armenia en 2019.[14]

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Selección española

  1. "Don Víctor de La Mancha". Marca (en castelán). 14 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  2. "Victor Mollejo, el canterano de 16 años del Atlético que debutó ante el Leganés". Cuatro (en castelán). 12 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  3. "¡Triplete histórico del Atlético Juvenil!" (en castelán). 24 de xuño de 2018. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  4. "Mollejo, primer debutante del Atleti nacido en el siglo XXI". Mundo Deportivo (en castelán). 19 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  5. "Mollejo, novo xogador do Dépor 2019-2020". Deportivo da Coruña. 2 de setembro de 2019. 
  6. "Comunicado Oficial: Víctor Mollejo". Getafe CF (en castelán). 5 de outubro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  7. "Comunicado oficial: Víctor Mollejo" (en castelán). 1 de febreiro de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  8. G. Gómara, Javier (2 de febreiro de 2021). "Víctor Mollejo se marcha al Mallorca" (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  9. "Mollejo quiere seguir en Mallorca" (en castelán). 13 de abril de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  10. "Mollejo seguirá cedido en Mallorca una temporada más". Marca (en castelán). 9 de xuño de 2021. Consultado o 15 de xuño de 2021. 
  11. Cotillas, Sebastián (19 de xuño de 2022). "El Girona no falla esta vez y sella el ascenso a lo grande". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  12. Ortiz, Christian (3 de agosto de 2023). "Mollejo repite su cesión en el Zaragoza". Marca (en castelán). Consultado o 27 de xaneiro de 2024. 
  13. "El extraño caso de Mollejo, de vuelta al filial del Atleti tras seis cesiones" (en castelán). 8 de setembro de 2024. Consultado o 12 de setembro de 2024. 
  14. Zárate, Óscar (28 de xullo de 2019). "0-2: La Rojita reina en Europa". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 15 de xuño de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]