Wikipedia en escocés
Wikipedia en escocés | |
---|---|
Logo da Wikipedia en escocés. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Escocés |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 2004 |
Na rede | |
https://gd.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en escocés (en escocés: Uicipeid) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua escocesa.
Esta versión da enciclopedia contén 15.984 artigos e 29.383 usuarios, dos cales 24 son activos.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A versión da Wikipedia en escocés foi fundada en 2004.[2][3] En 2017, Susan Ross foi contratada pola Biblioteca Nacional de Escocia para desenvolver e promocionar a enciclopedia, un posto a tempo parcial que durou 12 meses. A Biblioteca Nacional de Escocia pretendía aumentar os seus recursos en gaélico a través dunha unidade de dixitalización que puxo materiais en lingua gaélica en Internet. Ross é unha falante de escocés como segunda lingua, a cal aprendeu cando era adolescente, e completou un doutoramento en estudos celtas. Edita Uicipeid dende o ano 2010.[4][3][5] Traballando con grupos comunitarios, creou páxinas de axuda e traballou para atraer máis editores.[2][5] A subvención foi patrocinada por Wikimedia UK e Bòrd na Gàidhlig.[3]
Sabhal Mòr Ostaig ofreceu un módulo para ensinar aos estudantes a editar Uicipeid.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ All Wikipedias ordered by number of articles
- ↑ 2,0 2,1 "Library appoints the world's first Gaelic Wikipedian - National Library of Scotland". Biblioteca Nacional de Escocia. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "NLS appoints world’s first Gaelic Wikipedian". The Scotsman (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "Skotske bibleteek sil Gaelictalige Wikipedia útwreidzje". It Nijs (en frisón occidental). 31 de xaneiro de 2017. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ 5,0 5,1 Hannan, Martin (11 de outubro de 2016). "Gaelic Wikipedia website Uicipeid to undergo major development as part of link-up". The National (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
- ↑ "An Uicipeid - Wikipedia na Gàidhlig". Sabhal Mòr Ostaig. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2018. Consultado o 7 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en escocés |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en escocés |