Wikipedia en náhuatl
Wikipedia en náhuatl | |
---|---|
Logo da Wikipedia en náhuatl. | |
Portada da Wikipedia en náhuatl en marzo de 2017. | |
Tipo | enciclopedia en liña |
Comercial | Non |
Rexistro | Opcional |
Linguas | Náhuatl |
Licenza | Creative Commons Attribution-ShareAlike 3.0 . Non soportada Licenza de documentación libre de GNU |
Propietario | Wikimedia Foundation |
Lanzamento | 10 de agosto de 2003 |
Na rede | |
https://nah.wikipedia.org/ | |
A Wikipedia en náhuatl (en náhuatl: Huiquipedia nāhuatlahtōlcopa) é a versión da Wikipedia en lingua náhuatl. Foi creada en agosto de 2003. Esta versión da enciclopedia contén a cifra de 4.311 artigos e 23.071 usuarios, dos cales 19 son activos,[1] sendo a cuarta Wikipedia máis grande das linguas americanas despois da quechua, da navajo e da guaraní.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]O usuario Piolinfax, de orixe belga, creou a primeira páxina da Huiquipedia o 10 de agosto de 2003 e chamouna Ātl (mais despois trasladouse a Atl; en galego "auga") o cal foi traballado xunto co usuario español Youssefsan quen se encargou de buscar usuarios hispanofalantes que se interesaran polo proxecto e que colaborasen co mesmo.
O primeiro usuario mexicano con coñecemento de náhuatl rexistrado nesta Wikipedia amerindia foi Netza. O administrador máis activo é Ricardo gs, e o primeiro falante nativo de náhuatl foi Teòtlalili, usuario do estado de Puebla.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Wikipedia en náhuatl |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wikipedia en náhuatl |