Xaquín Marín
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de outubro de 1943 (81 anos) Ferrol, España |
Outros nomes | Xaquín Marín |
Actividade | |
Ocupación | debuxante de banda deseñada, debuxante |
Premios | |
| |
Xaquín Bieito Marín Formoso, nado en Ferrol o 10 de outubro de 1943, é un debuxante e ilustrador galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Destacan algunhas tiras cómicas onde describe e critica con ironía a situación da lingua galega. Con máis de 20 anos de carreira, traballou facendo tiras en xornais nacionais e internacionais como La Codorniz, Hermano Lobo, Diario 16, Le Telegramme, Teima, A Nosa Terra, El Ideal Gallego ou La Voz de Galicia. Premiado en varias ocasións, destacan o primeiro premio da Bienal de Gábrovo e conta con dúas Paletas de Agromán no seu haber. Dirixiu o Museo do Humor de Fene. No 2013 foi distinguido co premio Bo e Xeneroso da AELG.
Obra publicada
[editar | editar a fonte]Banda deseñada e humor gráfico
[editar | editar a fonte]- 2 viaxes, con Reimundo Patiño, 1975, Brais Pinto, Madrid.
- Ratas, 1977, Madrid. Segunda edición en 2006 en Edicións Embora.
- Gaspariño, 1978, Edicións do Rueiro.
- Alcacén para gaitas, 1980, Ediciós do Castro.
- Gaspariño 2, 1982, Xerais.
- Dos pés á testa, 1986, Galaxia.
- Conta atrás, 1988, Ediciós do Castro.
- Cen pés, 1996, Ediciós do Castro.
- Feito á man, 1997, Xunta de Galicia.
- Trinta e tantos con Xaquín Marín, 2001, edición do autor.
- Cen + cen pés, 2007, Embora.
- O lecer de Isolino, 2008, Embora.
- As dúas viaxes de Xaquín Marín, 2010, El Patito.
Ensaio
[editar | editar a fonte]Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Dragón rock, 1999, Casals.
- Malfeito bufón, 2003, Casals.
- Tartaruga, 2007, Baía.
- O traxe novo do emperador, 2007, Embora.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- O humor en cadriños. Conversas con Siro, Xaquín Marín, Xosé Lois, Gogue e Pepe Carreiro, de Félix Caballero, 2012, Morgante.
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premios da Crítica Galicia de Artes Plásticas e Visuais no 2015.
- XII Premio Rosalía de Castro de Lingua da Deputación da Coruña en 2021.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xaquín Marín, Agrupación Ío e Twitter en galego gañan os Rosalía de Lingua". Nós Diario. Consultado o 2021-06-15.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Marín Formoso, Xaquín Bieito". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Marín, Xaquín". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.