Saltar ao contido

Xustino II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXustino II

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Ιουστίνος Β'
(la) Flavius Iustinus Iunior Augustus Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 520 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte4 de outubro de 578 Editar o valor en Wikidata (57/58 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Emperador bizantino
15 de novembro de 565 – 574
← Xustiniano ITiberio II →
Senador romano
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de tempoImperio Romano e Byzantine Egypt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Xustiniana Editar o valor en Wikidata
CónxuxeSofia Editar o valor en Wikidata
FillosTiberio II, fillo adoptivo, Arábia Editar o valor en Wikidata
NaiVigilância (Bizâncio) Editar o valor en Wikidata
IrmánsMarcelo (irmão de Justino II)
Prejecta Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Grande Enciclopedia Yuzhakov Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1137416 Find a Grave: 37482817 Editar o valor en Wikidata

Xustino II, nado cara ao 520 e finado o 5 de outubro do 578, foi o emperador bizantino dende o 565 ata a súa morte. Sucedeu no trono ao seu tío Xustiniano.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Interpretación do busto de Xustino II a partir das efixies das súas moedas, publicada en Icones imperatorvm romanorvm, ex priscis numismatibus ad viuum delineatae, and breui narratione historicâ (1645)

Adóitase xulgar que a súa política, nada conciliadora, non foi a máis oportuna para enfrontar os perigos que ameazaban o territorio do imperio, o brillante legado do seu predecesor.

Ameazas en Occidente

[editar | editar a fonte]

Longobardos e Xépidos

[editar | editar a fonte]

Ao principio do seu reinado, ante a guerra que comezaron os longobardos cos xépidos en Panonia actuou con pasividade, aínda que uns e outros o tentaron con promesas. Os longobardos aliáronse cos ávaros e os xépidos pediron axuda a Xustino a cambio de Sirmium (actual Sremska Mitrovica). Unha forza bizantina relevou ao destacamento xépido na cidade, o único premio do imperio durante todo o período. O imperio bizantino non interveu máis. Os ávaros non chegaron a tempo á batalla que terminou coa derrota definitiva do poder xépido. O rei longobardo Alboíno cortou a cabeza do rei derrotado Cunimundo e fabricouse unha cunca con ela. Ademais, nunha mostra excesiva de confianza, tomou á filla do rei Rosamunda como botín de guerra e converteuna na súa esposa. En 573 Alboíno foi asasinado nun golpe instigado por Rosamunda.

A Invasión de Italia polos longobardos

[editar | editar a fonte]

Mentres tanto quedaran só dous protagonistas máis aló do Danubio que se repartían o botín dos xépidos. En 568 Alboíno, quizais incómodo por ter aos ávaros como veciños, convenceu aos longobardos de penetrar en Italia. No primeiro ano invadiron a zona que rodea Venecia e estendéronse polo norte de Italia. Ao ano seguinte conquistaron a maior parte de Liguria. Era ademais unha forza imparábel que non saqueaba senón que se asentaba. As forzas bizantinas de enclaves illados que os enfrontaban non estaban ben preparadas. Italia, ademais, estaba ultimamente esquilmada e extenuada polas pragas. Narsés, o rival de Belisario, a quen se acusaría de chamar aos longobardos, dimitira do mando o ano anterior con motivo das protestas a Xustino de cidadáns de Roma.

Respecto dos ávaros Xustino II, que conservaba Sirmium, negouse a pagarlles subsidio algún, pois tiña a vocación de ser máis rigoroso co tesouro que o seu tío Xustiniano e ensaiaba unha política nova e desafiante respecto dos bárbaros. Estes esperaron a que o imperio tivese algunha desfeita, e iso sucedeu en 573.

Península Ibérica

[editar | editar a fonte]

No territorio da Península Ibérica, entre 569 e 572 o rei godo Leovixildo acosou o imperio, a quen tomou Córdoba e outras cidades, e fixo a paz en 572, recoñecéndose mutuamente os seus territorios. Non foi ata o reinado de Suintila cando os territorios bizantinos en Hispania foron asimilados.

A guerra persa

[editar | editar a fonte]

En 571 os armenios se rebelaron contra o rei Cosroes e apelando á fe cristiá que compartían pediron a axuda de Xustino. A guerra persa contra o rei Cosroes renovouse en 572. Os bizantinos tiveron inicialmente boa fortuna; pero Xustino cometeu erros, como cambiar innecesariamente o mando do exército, que se amotinou deseguido, en pleno asedio de Nisibis, ou se enfadar cos seus imprescindíbeis aliados gasánidas (tamén de credo monofisita) que se retiraron e deixaron o paso libre aos persas para que abordelasen Siria, onde tomaron innumerables cativos. Logo de cinco meses de asedio o bispado de Daras, a beiras de río Bouron, caeu en novembro de 573. Dise que a noticia do desastre afectou mentalmente a Xustino II. A súa esposa Sofía, que se fixo cargo do goberno, comprou unha paz dun ano e logo unha tregua de tres anos a Cosroes. Por entón os ávaros, que esperaran a súa oportunidade, premían en Dalmacia ás forzas ao mando de Tiberio Constantino. O tratado de paz que conseguiron (80.000 moedas de prata, moito máis caro que o subsidio orixinal) evidenciou o fracaso da súa política.

Política relixiosa

[editar | editar a fonte]

Na política relixiosa, aconsellado por Xoán de Sirimis, Xustino II iniciou unha persecución impopular do poderoso clero monofisita. A emperatriz Sofía, así como a súa tía Teodora, e probabelmente o mesmo Xustino, profesaran abertamente este credo. Os monofisitas foron humillados e perderon eventualmente os seus privilexios.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

Os últimos anos do seu reinado estiveron marcados pola tolemia. Tiña incontrolábeis accesos de violencia, trataba de arroxarse polas fiestras, e mordía aos seus visitantes.

Nun momento de lucidez, durante o patético discurso que pronunciou con ocasión do nomeamento como césar de Tiberio Constantino, máis tarde Tiberio II, aconsellou ao seu sucesor

non goces no sangue, abstente da vinganza, evita aquelas accións polas cales incorrín no odio público, e aprende da experiencia mellor que do exemplo do teu predecesor. Como home, pequei; como pecador, ata nesta vida, fun severamente castigado; pero estes servidores (sinalou aos seus ministros) que abusaron da miña confianza e inflamaron as miñas paixóns, presentaranse comigo ante o tribunal de Cristo. (Edward Gibbon The Decline and Fall of the Roman Empire, cap. 45.).

A súa esposa Sofía actuou como rexente en compañía do xeneral Tiberio, máis tarde Tiberio II Constantino.

Imperio Bizantino

Segue a:
Xustiniano I
Xustino II
Precede a:
Tiberio II
Dinastía Xustiniana