Petróglifo
Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.
A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.
Historia
Os petróglifos máis antigos datan do Paleolítico Superior pero aumentan o seu número extraordinariamente no Neolítico, aproximadamente hai 10.000 ou 12.000 anos. Máis adiante, fai ao redor de 7000 ou 9000 anos comezaron a aparecer outros sistemas de escritura como a pictografía e os ideogramas. Os petróglifos seguiron sendo moi comúns e algunhas sociedades menos avanzadas continuaron utilizándoos durante milenios, ata o momento de entrar en contacto coa cultura occidental no século XX. Atopáronse en todos os continentes, exceptuando a Antártida, aínda que se concentran especialmente en partes de África, Escandinavia, Siberia, o suroeste de Norteamérica e Australia.
Interpretación
Estas imaxes talladas na rocha probabelmente tiñan un sentido cultural e relixioso moi profundo para as sociedades que as crearon, sentido que en moitas ocasións perdeuse. Crese que moitos petróglifos representaban algún tipo de linguaxe ritual ou simbólico aínda non desvelado. Os glifos máis tardíos da Idade do Bronce Nórdica en Escandinavia parece que fan referencia a algún tipo de fronteira territorial entre tribos, ademais dos significados relixiosos que tiveren. Tamén semella que existían dialectos locais ou rexionais entre pobos da mesma familia ou entre veciños. As inscricións en Siberia teñen formas que poderían ser o antecedente das runas, aínda que de momento non se atopou ningunha relación entrámbolos dous e nin sequera se chegou a comprender o seu significado.
Algúns investigadores decatáronse da semellanza existente entre diferentes estilos de petróglifos atopados en todos os continentes. Con todo, non debe ser difícil explicar estilos semellantes xa que todos os seres humanos inspiráronse no que lles rodeaba. Pode deberse a unha sinxela coincidencia, ou ben pode deberse ás migracións que levaron a cabo os diferentes grupos a partir dunha localización común, ou ben pode deberse a unha orixe igual para todos eles. En 1853, George Tate leu un traballo no Berwick Naturalist's Club, co que John Collingwood Bruce coincidía, e no que se sinalaba que os glifos tiñan "...unha orixe común, e indican un significado simbólico co que se representa un pensamento popular". Ao catalogar a arte rupestre escocesa, Ronald Morris chegou a contabilizar ata 104 teorías diferentes após a súa interpretación.
Outras teorías, máis controvertidas, están baseadas na súa maioría na psicoloxía de Carl Jung e nos estudos do historiador Mircea Eliade, segundo as cales é posíbel que a similitude dos petróglifos e doutros símbolos arquetípicos ou atávicos de diferentes culturas e continentes sexan o resultado dunha estrutura herdada xeneticamente no cerebro humano.
Existen outras teorías que sosteñen que os petróglifos foron realizados polos chamáns nun estado alterado de conciencia, quizais inducido polo uso de alucinóxenos naturais. Demostrouse que moitos dos modelos xeométricos (coñecidos como constantes de forma) que aparecen nos petróglifos e pinturas rupestres están "enroscados" no cerebro humano, ata aparecen con moita frecuencia en problemas de visión e alucinacións producidas polas drogas, a migraña e outros estímulos.
Os vínculos actuais entre o chamanismo e a arte rupestre entre o pobo san do deserto do Kalahari foron obxecto de estudo polo Rock Art Research Institute (RARI) da Universidade de Witwatersrand. Aínda que a arte do pobo san céntrase na pintura, os motivos que se esconden tras esta poden botar algo de luz e ser a base para a comprensión doutros tipos de arte, incluíndo os petróglifos. Como aparece no sitio web do RARI:
- Ao utilizar o coñecemento das crenzas do pobo san, os investigadores demostraron que a arte realiza un papel fundamental nas vidas relixiosas dos seus pintores. A arte captou cousas que o mundo san viu tras os rostros de pedra: o outro mundo habitado por criaturas e espíritos, ata o que os danzaríns poderían viaxar baixo formas animais e de onde as persoas en éxtase poderían tomar poder e levalo ao seu mundo para curar, facer chover etc..
Relación de petróglifos no mundo
África
- Bidzar, Camerún
- Niola Doa, Chad
- Val do río Niari, na República do Congo, 250 km. ao suroeste da capital, Brazaville
- Val do río Ogooue, Gabón
- Akakus, Libia
- Yebel Uweinat, Libia
- Twyfelfontein, Namibia
- Inscricións en forma de xirafa a tamaño natural en Dabous Rock, Montes Air, Níxer
- Bambari, Lengo e Bangassou, sur da República Centroafricana; Bwale ao oeste
-
"Meercatze" (chamada así polo arqueólogo Leo Frobenius) en Wadi Methkandoush, na rexión Mesak Settafet de Libia
-
Oukaimeden (Marrocos).
-
Dancing Kudu Twyfelfontein (Namibia)
-
Lion Twyfelfontein (Namibia)
Asia-Pacífico
- Dampier, Australia Occidental
- Arhem Land / Parque Nacional de Kakadu, Australia setentrional
- Chumysh, Casaquistán, preto de Bixkek (capital da veciña Kirguizistán)
- Petróglifos Angono en Rizal, Filipinas
- Oito sitios arqueolóxicos en Hong Kong: na illa Tung Lung, Kau Sai Chau, Cheung Chau, Shek Pik na Illa Lantau, Wong Chuk Hang, Big Wave Bay en Hong Kong e Lung Ha Wan en Sai Kung
- Bhimbetka, India
- Numerosos sitios en Kirguizistán, a maioría nas Montañas Tie Shan; Cholpon-Alta, o Val Tallas, Siymaliytash (Saimaluu-Tash) e na loma rochosa chamada Trono de Suleiman en Osh no Val Fergana
- Petróglifos e arte rupestre nas rexións do norte, Paquistán
-
Petróglifos no Parque Nacional Hawaii Volcanoes (Hawaii)
-
Petróglifos en Cholpon-Ata, (Kirguizistán)
Sudamérica
- Val do Encanto, Chile
- Cumbe Maio, Perú
- Petróglifos de Miculla, Tacna, Perú
- Parque Arqueolóxico Piedra Pintada, Estado Carabobo, Venezuela
- Parque Arqueolóxico e Paleontológico Taimataima, Estado Falcón, Venezuela
-
Petróglifos no Val do Encanto, (Chile)
-
Petróglifo do Val de Azapa, Chile
-
Petróglifo do Val de Azapa, Chile
Norteamérica
- Writing-on-Stone Provincial Park (Parque Provincial da Escritura na Pedra), este de o Milk River, Alberta, Canadá
- Petroglyph Provincial Park, (Parque Provincial do Petróglifo) Nanaimo, Columbia Británica, Canadá
- Kejimkujik National Park, (Parque Nacional Kejimkujik) Nova Escocia, Canadá
- Petroglyph Provincial Park (Parque Provincial do Petróglifo), Peterborough, Ontario, Canadá
- Petrified Forest National Park, (Parque Nacional do Bosque Petrificado), Arizona, EUA
- Sedona, Arizona, EUA
- Petit Jean State Park, (Parque Estatal Petit Jean) Arcansas, EUA
- Death Valley National Park, Parque Nacional de Death Valley) California, EUA
- Lava Beds National Monument, (Monumento Nacional de Lava Beds) Lago Tule, California, EUA
- Petroglyph National Monument (Monumento Nacional do Petróglifo), Nuevo México, EUA
- Three Rivers Petroglyphs, (Petróglifos de Three Rivers), Nuevo México, EUA
- Arches National Park (Parque Nacional de Arches), Utah, EUA
- Mina, Nuevo León, México
-
Hemet Maze Stone. Hemet, California, (EUA)
-
Petróglifos dos indíxenas americanos no Petroglyph National Monument, Novo México, (EUA)
-
Petróglifos dos indíxenas americanos no Arches National Park Utah
Europa
- Museo e Parque Arqueolóxico Cova Pintada de Gáldar, Gran Canaria
- Parque Arqueolóxico do Bentayga, Gran Canaria
- Sitio rupestre de Aripe, Tenerife
- Parque Rural de Frontera, El Hierro, Illas Canarias
- Petróglifos de Taganana, Tenerife
- Parque Nacional de Mercantour, Francia
- Rocas con inscricións en forma de copa e anel, en Northumberland, Condado de Durham e norte de Yorkshire, Inglaterra
- Newgrange, Irlanda
- Arte rupestre de Val Camonica, Lombardía, Italia
- Bagnolo stele, Italia
- Inscricións na roca en Alta e Møllerstufossen, Noruega
- Inscricións en Vale do Côa, Portugal
- Inscricións na roca en Tanumshede, Suecia
-
Petróglifos situados na aba do Roque Bentayga, Gran Canaria, (España)
-
Petróglifo en Valcamonica, Capo di Ponte, (Italia)
-
Inscricións en Møllerstufossen, Noruega, datadas de hai máis de 6.000 anos
-
Inscrición chamada "O Zapateiro", Brastad, Suecia
Galicia
- Artigos principais: Petróglifos de Galicia e Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.
As gravuras existentes en Galiza conforman o chamado Grupo Galaico de Arte Rupestre. Todas elas se realizaron sobre granito, aínda que non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días.
A maior parte dos petróglifos descubertos e chegados á actualidade dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis lonxe deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior diminúe o número, estando case sempre relacionados cos vales dos ríos.
-
Petróglifos de Campo Lameiro
-
Petróglifo en Marín, nos Labirintos de Mogor
-
Pedra das cabras en Ribeira
-
Puñais do Castriño de Conxo en Santiago de Compostela
Oriente Medio
- "Rochas con Grafiti", a 110 km. ao suroeste de Riyadh, na estrada a A Meca, Arabia Saudita
- Wadi Faynan, Xordania
- Wadi Rum, Xordania
-
"The Eye of God" en (Israel)
Tipos
- Abstractos: son debuxos sen unha xeometría clara. Poden estar sos ou formando conxuntos.
- Xeométricos: debuxos que si teñen unha xeometría clara. Cruces, esvásticas, círculos, cadros axadrezados, soles etc.
- Figurativos ou representativos: simbolizan figuras, xa sexan humanas (pegadas de pés) ou animais (leóns, xirafas etc.).
- Obxectos: representan obxectos. Frechas, carros, barcos.
Ao non ser unha ciencia exacta, as conxecturas feitas sobre o significado dos petróglifos son moi variadas. Pero en xeral segundo o tipo de petróglifo hai unha explicación aproximada.
- Abstractos: representan deuses ou constelacións.
- Xeométricos: marcar territorios, uso en cerimonias relixiosas.
- Figurativos ou representativos: boa sorte para a caza, procura da fertilidade feminina.
- Obxectos: pregarias aos deuses para unha boa caza ou colleita.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Petróglifo |
Bibliografía
- Beckensall, Stan e Laurie, Tim (1998). Prehistoric Rock Art of County Durham, Swaledale and Wensleydale. County Durham Books. ISBN 1-897585-45-4.
- Beckensall, Stan (2001). Prehistoric Rock Art in Northumberland. Tempus Publishing. ISBN 0-7524-1945-5.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxinas sobre Arte Rupestre
- Petroglyph Provincial Park Website Oficial
- Arte Rupestre en Northumberland
- Petróglifos en Kirguizistán
- Inscricións en forma de xirafa en Dabous Rock, Air Mountains, Níxer
- Parque Arqueolóxico do Bentayga, Gran Canaria, España
- Inscricións nas rochas en África Central
- Chamanismo e arte rupestre entre o pobo san do Kalahari
- Sitio web do Rock Art Research Institute (Witwatersrand)
- Arte rupestre en America latina. Artigos, Zonas, Noticias, Directorio de investigadores