Rianxo
Rianxo | |
---|---|
Panorámica da vila. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | rianxeiro/-a |
Xeografía | |
Provincia | Provincia da Coruña |
Comarca | Comarca do Barbanza |
Poboación | 10.854 hab. (2023)[2][3] |
Área | 58,8 km²[3] |
Densidade | 184,59 hab./km² |
Entidades de poboación | 6 parroquias[4] |
Capital do concello | Rianxo |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Adolfo Muíños (BNG[6]) |
Concelleiros | BNG: 6 PPdeG: 4 PSdeG-PSOE: 4 Outros: Rianxo en Común 2, C's 1 |
Eleccións municipais en Rianxo | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 85,73% |
Na rede | |
rianxo.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Rianxo é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca da Barbanza. Linda ó norte cos municipios de Lousame e Rois, ó oeste con Boiro, ó leste con Dodro e Catoira a través da ponte sobre o río Ulla, e ó sur coa ría de Arousa. Sitúase a menos de 50 km de Santiago de Compostela e a 150 km da capital de provincia galega máis distante: Ourense.
Segundo o IGE no 2015 tiña unha poboación de 11.386 habitantes [8] (11.729 en 2012, 11.780 en 2011, 11.826 en 2010), o que o converte no terceiro concello en poboación da comarca, despois de Ribeira e Boiro. O concello posúe unha densidade de poboación de 197,24 hab./km², e unha superficie de 58,8 km².
O seu xentilicio é rianxeiro/rianxeira.
Xeografía
Situación
O concello de Rianxo atópase na marxe dereita do río Ulla e da ría de Arousa, a uns 50 km de Compostela. Rianxo fai fronteira polo norte cos concellos de Lousame e Rois; polo sur coa ría de Arousa, que o separa da provincia de Pontevedra; polo leste cos concellos de Dodro e Catoira (separada do territorio rianxeiro polo río Ulla), e polo oeste co concello de Boiro.
Demografía
Censo total | 11.386 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.454 (12.77 %) |
Entre 15 e 64 anos | 7.165 (62.93 %) |
Maiores de 65 anos | 2.767 (24.3 %) |
Ano | 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | 8.277 | 9.461 | 11.120 | 12.715 | 11.582 | 11.769 | 11.780 | 11.729 | 11.598 | 11.479 | 11.386 |
Historia
Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
Cultura
Orixinarios da vila son personaxes de tanto peso na cultura galega coma Castelao, Manuel Antonio ou Rafael Dieste, entre outros.
Toponimia
O topónimo de Rianxo provén seguramente do latín rivus angulus, «a curvatura do río» (Rivu(m) Ángulu(m) > Riv'ang'lo > Rianxo) dada a forma que describe a ría ao seu paso pola vila. Porén, tamén se especula con que provén de rivus amplus, «río ancho».
Patrimonio
A vila de Rianxo destaca polo seu atractivo turístico e cultural. Na parroquia do Araño atópase o meirande hórreo de toda Galicia[9], en canto a lonxitude (36,75 metros a cámara e 37,05 m o celeiro) e capacidade (cámara 109,31 m³, celeiro 59,09 m³). No tocante ao seu atractivo paisaxístico a vila destaca polo esteiro do Ulla, as súas praias e os miradoiros do Castro Barbudo, do Monte Pena e do Pico Muralla, dende o que se pode ver as torres da catedral de Santiago de Compostela e incluso as Illas Cíes, na bocana da Ría de Vigo, e aínda máis alá, ata preto da costa portuguesa. Rianxo tamén destaca polo seu patrimonio arqueolóxico e cultural. Na vila atópanse númerosas mámoas como Os Campiños; petróglifos, na actualidade están catalogadas 59 estacións rupestres no concello; castros como o do Castriño, o das Sercas ou o de Traba; ademais de igrexas, capelas, ermidas, pazos, hórreos e os máis de 188 cruceiros catalogados na vila[10].
Etnografía
Festas e celebracións
Folclore
Ademais de polas súas paisaxes e patrimonio, Rianxo tamén é coñecida por A Rianxeira, canción popular galega, convertida nun dos símbolos culturais de Galicia e particularmente representativa do colectivo dos emigrantes popularizada por emigrantes rianxeiros no exterior.
Rianxo na literatura popular
- Cantigueiro
- A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros [11].
- Aí vén o maio/ pola punta de Rianxo,/ vén a patadas/ co fillo do Macanxo [12].
- Alá vén Nosa Señora/ andando pola ribeira,/ trai as perniñas ó aire,/ parece unha rianxeira [13].
- Araño, meu Arañiño/ Na parroquia do Araño/ teño todo o meu cariño [14].
- As miniñas de Rianxo/ pagan as rendas ó cuco,/ eu como son rianxeira/ ¡tócalle o pito, Farruco! [15][16].
- As mociñas do Araño/ mentras os máis van á misa,/ quedan na corte coas vacas/ rillando palla maísa.
- Cando veño do axexo,/ cando vou para a luzada/ quérote ver rianxeira/ sempre no muelle sentada [17].
- De Rianxo, miña nai,/ de Rianxo para Noia,/ de Rianxo, miña nai,/ que se fai a festa toda [18].
- Deprendéronme a cantar/ as neniñas de Rianxo,/ deprendéronme a cantar/ indo polo mar abaixo [19].
- En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna [20].
- Eu caseime no Araño/ co fillo dun arañón,/ pensando que non pasaba fame/ o forno da miña sogra cría silvas no verán.
- Eu de onde estou ben vexo/ as rabizas en Teaio,/ tamén vexo os meus amores/ na arrechán de Araño [21].
- Para bailar e cantar/ xa Rianxo ten a sona,/ para rapazas bonitas/ vivan as de Taragoña [22].
- Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro [23].
- Señor San Bartolomeu/ feito de pau de laranxo/ quen che mandou dar pintura/ foi o cura de Rianxo [24].
- Señor San Bartolomeu/ feito de pau de sanguiño/ líbrame, santo bendito/ do lobo de Rianxiño [25].
- Señor San Bartolomeu/ que estás no medio da Ría,/ dunha banda tes Rianxo/ e doutra Vilagarcía [26].
- Si o río de Te/ fora de coñá/ máis de catro mozos/ irían alá [27].
- Teño un amor en Rianxo/ outro en Vilagarcía./ Para ver os meus amores/ teño que cruza-la ría.
Economía
Na vila de Rianxo o sector predominante é o primario no que destacan principalmente a pesca de baixura (sobre todo da sardiña e da xouba), o marisqueo (do berberecho e da ameixa), e o cultivo do mexillón, existindo tamén outras actividades como a agricultura, a explotación forestal e a gandería. A maior presenza industrial é a conserveira. Nos últimos anos produciuse un notable incremento do turismo que influíu notable e positivamente na economía da vila, chegando nos meses estivais case a duplicarse a poboación. En Rianxo existe unha grande oferta de festas variadas, actos culturais e actividades deportivas[28].
Política e goberno
- Artigo principal: Eleccións municipais en Rianxo.
Adolfo Muíños (BNG) é o alcalde de Rianxo dende xuño de 2011, cando accedeu ao posto tras as eleccións do 22 de maio de 2011[29]. Nas eleccións municipais do 2007, cun 63,77% de participación, o PSdG-PSOE foi o partido máis votado con 3.540 votos (49,73 %), obtendo así a maioría absoluta con 9 edís; o BNG foi a segunda candidatura máis votada con 1.737 sufraxios (24,40%) e 4 concelleiros, seguido polo PP con 1.725 apoios (24,23%) e 4 representantes[30].
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Cidades irmandadas
Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Rianxo
-
Concello
-
Pazo do Martelo
-
Casa na que viviu Castelao
-
Parque e fonte
-
Club náutico de Rianxo
-
Igrexa de Santa Comba
-
Fonte
-
Cruceiro
-
Monumento a Rafael Dieste nado en Rianxo
Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2023) "Rianxo".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 28 de maio de 2019.
- ↑ Concello de Rianxo na FEGAMP
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ "IGE". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2018. Consultado o 13 de maio de 2008.
- ↑ http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=374&idIdioma=2 Arquivado 16 de agosto de 2009 en Wayback Machine. O hórreo máis grande
- ↑ Lois M. Blanco, La Voz de Galicia, 4.03.1993.
- ↑ A Atalaia é un lugar da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo). Fermín Bouza Brey 1929, 203. No orixinal: Atalaya, non-a.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: Ahí, ven, pol-a.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 184. No orixinal: ven, pol-a, ô.
- ↑ Fermín Bouza Brey 1929, 202.
- ↑ José Pérez Ballesteros, II, 54,17. No orixinal: tócall'o pito.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 177. No orixinal: neniñas, ô cuco.
- ↑ Lino Lema Bouzas, 13. No orixinal: asexo. Pescar ó axexo é facelo desde o solpor ata que se fai noite; e pescar á luzada é facelo ó mencer.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 204. No orixinal: Noya.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 166.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Atalaya. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados (Rianxo).
- ↑ Teaio é lugar da parroquia de San Xoán de Laíño, estremeira coa do Araño (Rianxo). As rabizas son as follas tenras do nabo. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal: Teayo.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 172.
- ↑ Exemplo da confrontación entre parroquias lindeiras: Leiro (de Rianxo) e Abanqueiro (de Boiro). Fermín Bouza-Brey 1929, 162.
- ↑ Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
- ↑ Refírese a unha capela dedicada a este santo, nuns cons de Rianxo. Rianxiño é un lugar da parroquia de Santa Comba de Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 184.
- ↑ Refírese a unha capela dedicada a San Bertomeu que había, no século XVIII, nas illas Malveiras; Bouza Brey engade que estas illas aparecen como ínsua de San Bartolomeu nas cartas de navegación antigas. Fermín Bouza-Brey 1929, 187. No orixinal: de unha, de outra.
- ↑ O río Te (ou río da Torre) atravesa a parroquia de Taragoña, en Rianxo. Fermín Bouza-Brey 1929, 187.
- ↑ http://portelo.rianxo.com/index.php?idMenu=151&idIdioma=2 Arquivado 03 de setembro de 2011 en Wayback Machine. Economía de Rianxo
- ↑ http://eleccions.crtvg.es/eleccions/historico.php?id=1076[Ligazón morta] Histórico das Eleccións Municipais nos concellos galegos
- ↑ http://www.elpais.com/comunes/2007/elecciones/municipales/Rianxo/15/072/ Resultados Elecciones Municipales 2007 - Rianxo en castelán
- ↑ Eleccións 2003
- ↑ "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2011 - A Coruña - Rianxo 2011". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-06-22.
- ↑ Eleccións 2007
- ↑ "Resultados provisionales - Elecciones Municipales 2015 - A Coruña - Rianxo 2015". elecciones.mir.es. Consultado o 2016-01-14.
- ↑ http://www.laopiniondezamora.es/comarcas/2010/07/03/requejo-rianxo-hermanados-virgen-guadalupe/447317.html Arquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. Noticia en "La Opinión de Zamora" en castelán
- ↑ "Rianxo y Padrón afianzan su histórica hermandad". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-09-12. Consultado o 2018-07-04.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rianxo |
Bibliografía
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204 [en facsímile II].
- LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993.
- PÉREZ BALLESTEROS, José: Cancionero popular gallego y en particular de la provincia de la Coruña. 1885-1886; reed. facs. Akal, Madrid 1979.
Outros artigos
Ligazóns externas
- Páxina web do concelloArquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine.
- Páxina web do concello
- Páxina web de turismo do concello
- Rianxo en OpenStreetMap.
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |