Saltar ao contido

Andrei Platonov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAndrei Platonov

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Андрей Платонович Платонов Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(ru) Андрей Платонович Климентов Editar o valor en Wikidata
16 de agosto de 1899 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Voronej, Rusia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xaneiro de 1951 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaArmenian Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, prosista, novelista, poeta, dramaturgo, escritor de ciencia ficción, crítico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1919 Editar o valor en Wikidata - 1951 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1920–1921) Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoProsa e xornalismo de opinión Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioПлатонов
Ф. Человеков
А. Фирсов
А Вагулов Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoFronte Oriental (segunda guerra mundial) Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosPlaton Platonov, M. A. Platonova Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978
Obálky knih,
Russian literature of the 20th century. Volume 3, 2005 (en) Traducir, (p.69-75) >>>:ПЛАТОНОВ Андрей Платонович, Editar o valor en Wikidata
Sitio webplatonov-ap.ru Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0686827 BNE: XX893224 Find a Grave: 10538194 Editar o valor en Wikidata
Sepultura de Andrei Platonov no cemiteiro Armenio de Moscova.

Andrei Platonovich Platonov (en ruso Андрей Платонович Платонов), nado en Yamskaia Sloboda (preto de Voronezh) o 1 de setembro de 1899 e finado en Moscova o 5 de xaneiro de 1951, foi un escritor ruso da época soviética. Platonov foi un dos primeiros escritores que emerxeron despois da Revolución Rusa de 1917. Ben que comunista, os seus traballos foron prohibidos pola súa posición escéptica perante a colectivización. A súa obra máis coñecida e a novela antiutópica Chevengur.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo dun traballador metalúrxico empregado dos ferrocarrís rusos, foi o máis vello de 10 irmáns. Estudou na escola parroquial e a partir dos trece anos empezou a traballar en diversos oficios para manter á familia. Serviu no Exército Vermello durante a guerra civil rusa como correspondente de guerra.En 1919 empezou a colaborar como poeta, publicista e crítico literario en varios xornais. Nos anos 1920 trocou o seu apelido orixinal Klimentov polo de Platonov, pseudónimo baseado no nome do pai do escritor. En 1924 acabou a escola politécnica e comezou a traballar como enxeñeiro electro-técnico en diversos proxectos na Rusia central, onde foi testemuña dos excesos e os levantamentos campesiños causados pola colectivización forzada.En 1927 marchou a Moscova coa idea de se dedicar exclusivamente á literatura. Foi membro, aínda que periférico, do grupo Pereval de escritores campesiños.

Escribiu as súas obras máis importantes, as novelas Chevengur e O foxo entre 1926 e 1930, coincidindo cos últimos anos da Nova Política Económica e o inicio do primeiro Plan Quinquenal en 1928. Estas obras, que supoñían unha crítica implícita ó sistema desencadearon as críticas dos órganos oficiais, e ,aínda que un capítulo de Chevengur apareceu nunha revista, as obras nunca se publicaron. En 1931 despois da publicación Vorkk sobre a crónica da vida dos campesiños pobres, que recibiu as críticas de Fadeyev e Stalin, a publicación dos seus traballos foi prohibida, coa exclusión do relato O río Potudan publicada en 1937.

O seu fillo de 15 anos foi arrestado e enviado a un campo de concentración durante a Gran Purga estalinista dos anos 30. Liberado, pero enfermo de tuberculose o fillo volveu á casa e durante a convalecencia contaxiou a enfermidade ó escritor. Ó comezo da segunda guerra mundial foille permitido publicar por un permiso especial de Stalin. Foi correspondente de guerra de 1942 a 1945 e seguiu escribindo no periódico Estrela Vermella ata 1946.

A finais de 1946 imprimiuse o seu conto O regreso (Vozvrashchenye) polo que foi novamente censurado e acusado de calumnia. Como consecuencia, a posibilidade de seguir publicando desapareceu por completo. A finais dos anos 40, imposibilitado de seguir gañando a vida como narrador, dedicouse a preparar contos rusos e bashkirios para ser imprimidos en revistas para nenos.

Morreu o 5 de xaneiro de 1951 en Moscova. Ten unha rúa e un monumento dedicados en Vóronezh.

Aínda que relativamente descoñecido no seu tempo, a influencia de Platonov na literatura rusa e considerable. Algúns dos seus traballos foron publicados ou reimpresos nos anos 60 na época do Desxeo de Khrushchev.

A escrita de Platonov esta fortemente relacionada con autores clásicos rusos coma Fiódor Dostoievski. Fai un uso extenso de simbolismo cristián e das obras de filósofos antigos e contemporáneos seus, entre eles o filósofo cristián Nickolai Fedorov.

O seu relato O foxo usa unha combinación de linguaxe rural e termos políticos e ideolóxicos que crean unha atmosfera de irrealidade á que colaboran os sorprendentes e, ás veces fantásticos feitos da narración. Esta exploración do sensentido e unha característica do existencialismo e a literatura do absurdo.

Malia a postura materialista da súa obra que nega a importancia e a existencia da alma, o seu estilo, moi persoal e o seu uso idiosincrático do léxico afástano dos escritores do Realismo Socialista.

  • As esclusas de Epifania (Epifanskie Shlyusy)
  • Antiseksus (1926)
  • Chevengur (Чевенгур) (1929, primeira redacción :Os construtores da primavera (Stroiteli vesny), 1927)
  • Makar o dubitativo (Usomnivshiysya Makar) (1929)
  • A orixe do mestre (Proiskhozhdenye mastera)(1929)
  • O foxo (Kotlován) 1930
  • Vprok (1931)
  • Dzhan
  • O río Potudan (Reká Potudan) (1937)
  • Catorce Carapuchas Vermellas (obra dramática)
  • Moscu feliz (Shchastlibaya Moskva)