Saltar ao contido

Ano (anatomía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ano humano»)
Diagrama anatómico do ano.

O ano ou anus[1] é a parte terminal do tubo dixestivo en oposición á boca que é o extremo inicial. É unha estrutura aberta que ten como función controlar a expulsión das feces, que son un produto semisólido xerado durante a dixestión. A saída de substancias a través do ano está controlada, en moitos animais, polo músculo esfinter. Os anfibios, réptiles e aves usan o mesmo orificio para excretar os residuos sólidos e líquidos, para a cópula e para a posta de ovos, polo que este orificio recibe o nome de cloaca. Os mamíferos placentarios teñen dous orificios separados: un para a defecación (ano) e outro para os ouriños e a reprodución.

Desenvolvemento evolutivo do ano

[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento do ano é un aspecto importante na evolución dos animais multicelulares. De feito, existen dous camiños distintos nos diferentes tipos de animais: nos protóstomos o blastóporo embrionario orixina a boca do adulto, e xeralmente tamén o ano, mentres que nos deuteróstomos a primeira abertura do embrión (blastóporo) convértese no ano.

  1. Forma recomendada no Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]