Boris Godunov
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de agosto de 1552 Viazma (Tsarato ruso) |
Morte | 23 de abril de 1605 (52 anos) Moscova (Tsarato ruso) |
Causa da morte | doenza |
Lugar de sepultura | Mosteiro da Trindade-São Sérgio (pt) |
Tsar of All Russia (en) | |
17 de febreiro de 1598 – 13 de abril de 1605 ← Teodoro I de Rusia – Teodoro II de Rusia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa ortodoxa rusa |
Actividade | |
Ocupación | político, Oprichniks (pt) |
Outro | |
Título | Tsar of All Russia (en) (1598–1605) |
Familia | Godunov (pt) |
Cónxuxe | Maria Skuratova-Belskaya |
Fillos | Xenia Borisovna da Rússia, Teodoro II de Rusia |
Pai | Fyodor Godunov |
Irmáns | Irina Godunova |
Descrito pola fonte | Encyclopædia Britannica Enciclopedia militar Sytin Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Boris Fedorovich Godunov (en ruso: Борис Фёдорович Годунов), nado en 1551 e finado o 23 de abril de 1605, foi un nobre ruso, rexente de facto de Rusia desde 1584 ata 1598 e posteriormente converteuse no primeiro tsar non pertencente a dinastía Rurik, exercendo o poder desde 1598 ata a súa morte no 1605.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]Boris Godunov era un famoso membro dunha antiga, agora extinguida, familia rusa de orixe tártara, que chegou de Kostroma a comezos do século XIV d.C, a través do príncipe tártaro Chet, que fundou o mosteiro Ipatiev en Kostroma. Boris era fillo de Feodor Ivanovich Godunov e da súa esposa Stepanida. O seu irmán máis vello Vasili morreu de neno. A carreira de Godunov comezou na corte de Iván IV. No ano 1571 entrou a formar parte da opríchnina.
No 1571 consolidou a súa posición na corte mediante a unión con María, filla de Maliuta Skurátov. En 1580 o tsar, elixe a Irene, irmá de Boris, para que sexa a esposa do seu fillo o tsarévich Teodoro de 14 anos de idade. No seu leito de morte, Iván IV designou un consello formado por Boris, Fiodor Nikítich Romanov e Vasili Shuiski xunto a outros Romanov, como gardas e conselleiros do seu fillo e sucesor, quen a pesar de ter 27 anos, non era moi intelixente e moi enfermizo.
Ao morrer Iván, deixa a outro fillo de tres anos Dmitri Ivánovich, que nacera do seu último matrimonio. Posto que a Igrexa Ortodoxa recoñecía só os tres primeiros matrimonios, e os fillos destes como lexítimos, Dmitri e a familia da súa nai non tiveron dereito dobre o trono.
Aínda así, o consello, pouco despois da morte de Iván, trasladan a Dmitri e a súa nai a Uglich a 150 km de Moscova. Á morte de Dmitri ós 10 anos de idade, a viúva de Iván denunciou que o seu fillo fóra asasinado por axentes que respondían ante Godunov. Nunca se puido establecer a culpabilidade de Godunov e pouco despois a nai de Dmitri foi obrigada a tomar os hábitos.[1]
Rexente de Rusia
[editar | editar a fonte]Con ocasión da coroación do tsar Teodoro I de Rusia o 31 de maio de 1584, Boris obtivo honores como parte do consello de cinco homes, con todo, levou a cabo o segundo lugar durante o curso da vida do tío do tsar Nikita Romanovich, quen ó finar, en agosto, o deixou sen un serio rival.
Tras unha conspiración contra el na que varios boiardos e o metropolitano Dionisio II, buscaban o divorcio do tsar e a irmá de Boris para acabar co poder deste último. Boris resultou fortalecido e a dirección e os asuntos do reino pasaron ó seu control, establecendo relacións con príncipes estranxeiros coma se el fóra un igual.
No ano 1595 recupera os pobos que Suecia conquistara a Rusia durante o reinado do anterior tsar.
Boris fomentou o comercio cos comerciantes ingleses en Rusia, ó exceptualos do pago de impostos. Civilizou as fronteiras do noroeste e sueste de Rusia construíndo numerosas cidades fortalezas. Fomentou a re-colonización de Siberia, e fundou cidades como Tobolsk.
A reforma doméstica máis importante foi o decreto de 1587 co que prohibía que os campesiños cambiasen de señor, de xeito que quedaban ligados á terra. O obxecto desta reforma foi o de asegurar os impostos, pero causou molestias entre a servidume.
Tsar de Rusia
[editar | editar a fonte]Ó morrer o tsar Teodoro I o 7 de xaneiro de 1598, sen descendencia, a ambición de Boris o levou a apoderarse do trono. Probablemente se non o houbera feito houbera acabado os seus días nun mosteiro. A súa elección como tsar foi proposta pólo patriarca de Moscova, quen tiña a convicción de que Boris tiña as cualidades apropiadas para gobernar na difícil situación do momento. Porén. Boris, só acepta o trono cando llelo ofrece a Zemsky Sobor, ou asemblea nacional, que se reúne o 17 de febreiro e o elixe por unanimidade o 21 de febreiro. O día 1 de setembro é coroado Tsar de Rusia nunha cerimonia solemne.
Durante os primeiros anos do seu reinado gozou de moita popularidade, gobernou sabiamente e estableceu un clima de prosperidade. Estendeu a necesidade que tiña Rusia de crecer e alcanzar un progreso semellante ó do resto de Europa, e por iso fomentou as reformas sociais e educativas. Foi o primeiro tsar en importar unha gran cantidade de mestres estranxeiros, o primeiro en enviar a mozos rusos a recibir a súa educación a outros países, e o primeiro en permitir que se construíran igrexas luteranas en Rusia. Ó gañar a guerra ruso-sueca de 1590-1595, viu a necesidade de crear un acordo sobre o mar Báltico, e tratou de anexionar Livonia mediante a diplomacia.
A pesar de ser un dos mellores tsares de Rusia. O seu medo a posibles pretendentes ó trono, o induciu a prohibir os matrimonios dalgúns dos máis importantes boiardos. Tamén promoveu a existencia de informantes e perseguiu ós sospeitosos baseado na suposta información obtida por ditos medios. A familia Romanov sufriu especialmente este feito. Tampouco aceptou a unión persoal que lle propuxo no ano 1600 unha misión diplomática encabezada por Lew Saieha da Mancomunidade de Polonia-Lituania.
Boris morreu o 13 de abril de 1605, dun paro cardíaco, e o seu fillo Teodoro II o sucedeu uns meses e foi asasinado, ao igual que a súa viúva por inimigos dos Godunovs en Moscova.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ibid.#1
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |