Saltar ao contido

Burundi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBurundi
Uburundi (rn) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoBurundi bwacu Editar o valor en Wikidata

Lema«Ubumwe, Ibikorwa, Amajambere»
«Unité, Travail, Progrès»
«Единство, труд, прогрес»
«Unitate, Trudă, Progres» Editar o valor en Wikidata
EpónimoLingua kirundi Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 3°40′00″S 29°49′00″L / -3.66667, 29.81667
CapitalGitega (2019–) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación13.689.450 (2023) Editar o valor en Wikidata (491,82 hab./km²)
Lingua oficialLingua kirundi
lingua francesa
lingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27.834 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Heha (pt) Traducir (2.684 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoLago Tanganica (772 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 1962 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidente Editar o valor en WikidataÉvariste Ndayishimiye (2020–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoCouncil of Ministers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Lista (pt) Traducir Editar o valor en WikidataGervais Ndirakobuca (pt) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParliament of Burundi (en) Traducir , Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal2.775.798.697 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaFranco do Burúndi (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.bi Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+257 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112, 113 e 117 Editar o valor en Wikidata
Código de paísBI Editar o valor en Wikidata

Sitio webpresidence.gov.bi Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453849

Burundi,[1] oficialmente República de Burundi (en kirundi: Republika y'u Burundi, pronunciado /buˈɾundi/; en francés: République du Burundi, pronunciado /byˈʁyndi/), é unha pequena nación de África Oriental, que carece de saída ao mar. Está rodeada por Ruanda, a República Democrática do Congo e Tanzania. Parte do a fronteira occidental limita co lago Tanganica. O antigo nome do país era Urundi-Ubrundi-Bruwanda. Urundi é a abreviación de "Urundi Rwanda" ("A outra Rwanda"), tal como as forzas coloniais belgas adoitaban referirse ao territorio. O nome actual do país provén da linguaxe bantú kirundi.

Entre 1993 e 1999 a violencia étnica entre hutus e faccións tutsi en Burundi produciu centos de miles de refuxiados e deixou polo menos 250.000 mortos. Aínda que moitos refuxiados volvan de países veciños, proseguiu a loita étnica, que obrigou a outros a fuxir. As tropas de Burundi, procurando asegurar as súas fronteiras, interviñeron no conflito na R. D. do Congo.

Dende 1966, a capital foi Bujumbura, pero en 2019, trasladouse a Gitega, antiga capital do Reino de Burundi.[2]

Os primeiros habitantes da zona foron os pigmeos, que foron substituídos e absorbidos polos bantú durante as oledas de migracións de devandita etnia. Burundi existe como reino independente desde o século XVI, transformándose nunha colonia alemá e pasando a Bélxica na primeira guerra mundial. Burundi foi parte do mandato belga da Liga das Nacións sobre Ruanda-Urundi, e logo un Fideicomiso das Nacións Unidas baixo autoridade administrativa belga logo das Segunda guerra mundial.

As orixes da monarquía de Burundi transformáronse nun mito. Segundo as lendas, o fundador da dinastía orixinaria , Ntare Rushatsi chegou a Burundi desde Ruanda no século XVII, outras fontes máis certeiras suxiren que Ntare proveu desde Buha no sueste e realizou a fundación do seu reino na rexión Nkoma. Ata a caída da monarquía en 1966 o reinado mantivo uns dos poucos vínculos de Burundi co seu pasado.

Desde a independencia en 1962, ata as eleccións de 1993, Burundi foi controlado por unha serie de ditaduras militares, todas pertencentes á minoría tutsi. Ao longo deses anos producíronse feitos de violencia étnica incluídos os incidentes de 1964 e os dos finais dos anos '80, e o xenocidio burundiano de 1972. En 1993, Burundi tivo as súas primeiras eleccións democráticas, onde se impuxo a Fronte para a Democracia de Burundi (FRODEBU dominado pola minoría hutu. O líder do FRODEBU Melchior Ndadaye, converteuse no primeiro presidente hutu de Burundi, pero poucos meses despois foi asasinado por un grupo de oficiais do exército pertencentes á etnia tutsi, este asasinato introduciu a Burundi nuns horrible guerra civil. Como resposta ao asasinato do presidente Ndadaye, extremistas hutu masacraron miles de civís tutsi, as forzas armadas de Burundi dominadas polos tutsis responderon masacrando similares cantidades de civís hutus. Seguiron anos de inestabilidade ata 1996, cando o antigo presidente Pierre Buyoya tomou o poder por medio dun golpe de estado.

Praia sobre o lago Tanganica en Buiumbura

En agosto de 2000 un acordo de paz asinado polos dous os grupos políticos de Burundi estableceron un programa establecendo datas para a restauración da democracia. Logo de moitos anos de violencia civil, un alto ao lume foi asinado en 2003 entre o goberno de Pierre Buyoya e o máis grande grupo de rebeldes hutus o CNDD-FDD. A fins dese ano o líder do FRODEBU, Domitien Ndayizeye substituíu a Buyoya como presidente do país. Aínda iso o grupo hutu máis extremo Palipehutu-FNL (máis coñecido como "FNL") continuou refusando as negociacións. En agosto de 2004 dita organización masacró a 152 refuxiados tutsi-congoleses no campo de refuxiados de Gatumba no oeste de Burundi. En resposta a ese ataque o goberno de Burundi emitiu ordes de arresto para os líderes do FNL Agathon Rwasa e Pasteur Habimana declarando ao FNL como unha organización terrorista.

En maio de 2005, un cesamento do fogo foi finalmente asinado entre o FNL e o goberno de Burundi, pero os combates seguiron. Renovadas a negociacións en novos termos, o FNL demandou a total amnistía a cambio de entregar as armas. Varias eleccións producíronse a mediados do ano 2005, nas que se impuxo o antigo grupo rebelde hutu National Council for the Defense of Democracy-Forces for the Defense of Democracy (CNDD-FDD). O 7 de setembro de 2006 asinouse un segundo cesamento do fogo.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

Aínda que a elite política dos tutsi gobernaron o país durante séculos. Tras a última reforma constitucional do 2005. Un hutu Pierre Nkurunziza foi elixido como presidente.

Os idiomas oficiais de Burundi son o kirundi e o francés; pero o inglés e o suahili son amplamente falados pola maior parte da poboación.

Organización político-administrativa

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Subdivisións de Burundi.

Burundi divídese en 17 provincias:

Xeografía

[editar | editar a fonte]
mapa de Burundi

Este pequeno país na rexión dos grandes lagos africanos é, no xeral, un país montañoso, especialmente no Occidente, con chairas que ocupan a zona leste, preto da fronteira con Tanzania. A altitude mínima é de 772 m, nas beiras do lago Tanganica, e a máxima no monte Heha, unha montaña que alcanza os 2.670 m. A altitude media rolda os 1.700 m.

Coa fusión do xeo das montañas do norte, iníciase un curso de auga o río Kagera, que é considerado como a fonte máis remota do Río Nilo.

O clima é, en xeral ecuatorial, aínda que varía coa altitude, coas temperaturas medias que varían ano tras ano entre 23 e 17 graos segundo a altitude. A precipitación media anual rolda os 150 cm, distribuída por dous estaciones húmidas (febreiro - maio e setembro - novembro), intercaladas entre elas por dúas estacións secas (setembro - novembro e decembro - xaneiro).

Economía

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Economía de Burundi.

O Burundi é un país sen litoral e con poucos recursos naturais. O maior medio de subsistencia é a agricultura pero posúe unha das reservas de níquel máis grande do mundo. Aínda que a economía vira ao redor da agricultura, por culpa da guerra civil, a erosión, e a emigración da poboación, Burundi é incapaz de resolver as súas necesidades alimenticias, chegando ata a importar alimentos, o cal significa un 17% do total das importacións.

Demografía

[editar | editar a fonte]
evolución demográfica de Burundi

O número de habitantes estímase que para o 2007 é de 8 390 000. Os habitantes de Burundi están divididos en tres grupos étnicos: os hutu (85%), os tutsi (15%), ex-elite política que aínda controla o Exército, e os pigmeos twa (1%). Tamén viven uns 3.000 europeos e 2.000 asiáticos.

A esperanza de vida é de 51 anos. A media de fillos por muller é de 6.48, unha das taxas máis altas do mundo, o cal vai provocar graves problemas económicos e ambientais. O 51.6% da poboación esta alfabetizada. Calcúlase que o 6% da poboación esta infectada co virus de HIV (SIDA).

O francés e o kirundi son os dous idiomas oficiais, pero o suahili tamén é bastante falado.

Dous terzos da poboación son cristiáns, sobre todo católicos; o resto da poboación practica o islam ou cultos africanos tradicionais. Existe unha alta porcentaxe de cristiáns, 67%; cultos africanos tradicionais, 32%; e unha minoría musulmá, 1%.

O papel da cultura está asociado con cada etnia e o labor tradicional que ralizan: os hutus son agricultores, os tutsis son pastores e os pigmeos son cazadores-recolectores. A xente entretense xogando ao fútbol, con poemas ou narrando historias e xogando ao mancala, un xogo de mesa estendido en toda África. No campo da música o máis representativos son os tambores dos tutsis que se tocaban na corte. Só esta alfabetizado algo máis do 50 % da poboación.

Festas
Data Nome en galego Nome local Notas
1 de xaneiro Día de ano novo Jour de l?an -
5 de febreiro Día da unidade Jour de l´unité -
1 de maio Día do traballo Fête du travail -
Varía cada ano Ascensión Ascensión -
1 de xullo Día da independencia Ukwikukira kw'Uburundi /Fête de l?indépendance -
15 de agosto Asunción Assomption -
13 de outubro Rwagasore Rwagasore Aniversario do asasinato de Louis Rwagasore
21 de outubro Día de Ndadaye Jour de Ndadaye Aniversario do asasinato do presidente Melchior Ndadaye
Variable co calendario lunar Fin do Ramadán Fin du Ramadan Festa islámica
1 de novembro Día de Todos os Santos Toussaint -
25 de decembro Día de Nadal Jour de Nöel -
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para burundiano.
  2. "Gitega é a nova capital política do Burundi" (en portugués). 24 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2019. Consultado o 25 de xuño de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]