Carrán común
Carrán común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Sterna hirundo Linnaeus, 1758 |
O carrán común (Sterna hirundo) é unha especie de ave Charadriiforme da familia Sternidae. É unha ave mariña de distribución circumpolar en rexións temperás e subárticas de Europa, Asia, leste e centro de Norteamérica. É un gran migrador, pasando o inverno en océanos tropicais e subtropicais. É ás veces coñecido coma andoriña de mar.
Características
[editar | editar a fonte]Este é un carrán de tamaño medio, 34–37 cm de longo e 70–80 cm coas ás estendidas. Confúndese doadamente co semellante carrán ártico (Sterna paradisaea) e o carrán rosado (Sterna dougallii).
O seu fino e afiado peteiro é vermello con extremos escuros. As longas patas son tamén vermellas. Sobre as ás ten unha cuña primaria escura, a diferenza do carrán ártico, no cal é gris uniforme. A súa longa cola esténdese só ata a punta das ás cando a ave está parada, a diferenza do carrán ártico e rosado, nos cales excede a punta das ás. Non é tan pálido coma o carrán rosado, e ten ás máis longas.
No inverno, a fronte e a parte ventral son brancas. Os carráns comúns xoves posúen unha extensa coloración de cor xenxibre e carecen do aspecto escamoso dos carráns rosados xuvenís.
O canto é un claro pip-pip, coma o carrán ártico pero máis lento e menos estridente.
Reprodución
[editar | editar a fonte]Poñen de 2-4 ovos. É moi defensivo para co seu niño e crías novas e ataca aos humanos e outros depredadores grandes, mais a diferenza do máis agresivo carrán ártico raramente bate ao intruso, usualmente desviándose no último instante.
Alimentación
[editar | editar a fonte]Esta especie aliméntase en colonias nas costas e illas e frecuentemente na terra en lagos de auga doce. Como todos os carráns, o carrán común aliméntase guindándose á auga para apañar peixes no mar ou en lagos de auga doce e grandes ríos. Usualmente mergúllase directamente, e non asomándose como fai o carrán ártico. A oferta do macho de peixe á femia é parte do ritual de apareamento. Os carráns comúns acadan unha idade de 23 anos ou máis nalgunhas ocasións.[1]
Conservación
[editar | editar a fonte]O carrán común é unha das especies para as cales aplícase o Acordo para a Conservación de Aves Marítimas Migratorias Africanas-Asiáticas (EAWA).
Subespecies
[editar | editar a fonte]Coñécense catro subespecies de carrán común:[2]
- Sterna hirundo longipennis Nordmann, 1835
- Sterna hirundo minussensis Sushkin, 1925
- Sterna hirundo tibetana Saunders, H., 1876
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Austin, Oliver L. Sr. (1953): un Carrán Común de 23 anos. Bandadas de aves 24(1): 20. PDF fulltext Arquivado 07 de xuño de 2011 en Wayback Machine.
- ↑ Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names." (en inglés). Consultado o 24/07/09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Harrison, Peter (1988): Aves Marítimas (2nd ed.). Christopher Helm, Londres ISBN 0-7470-1410-8
- National Geographic Society (2002): Guía de Campo para Aves de Norteamérica. National Geographic, Washington DC. ISBN 0-7922-6877-6
- Olsen, Klaus Malling & Larsson, Hans (1995): Charranes de Europa y Norteamérica. Christopher Helm, Londres. ISBN 0-7136-4056-1
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Sterna hirundo |
- Common Tern videos Arquivado 11 de marzo de 2007 en Wayback Machine. on the Internet Bird Collection
- Common Tern Species Account - Cornell Lab of Ornithology
- Common Tern - Sterna hirundo - USGS Patuxent Bird Identification InfoCenter
- Common Tern Information and Photos - South Dakota Birds and Birding
- Common Tern Profile - Madeira Wind Birds