Claude Lelouch
Claude Barruck Joseph Lelouch ([ləluʃ]), nado en París o 30 de outubro de 1937 é un director, actor, produtor e director de fotografía francés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lelouch naceu en París, fillo de Charlotte Abeilard e Simon Lelouch.[1] O seu pai naceu nunha familia xudía alxeriana e a súa nai converteuse ao xudaísmo.[2][3] O seu pai deulle unha cámara para que tivese un novo comezo tralo fracaso no bacharelato. Comezou a súa carreira facendo reportaxes, unha das primeiras consistiu en filmar a vida diaria na Unión Soviética, coa cámara oculta baixo o abrigo durante unha viaxe persoal. Tamén filmou acontecementos deportivos.
A súa primeira longametraxe como director, Le Propre de l'homme, recibiu malas críticas. La femme spectacle (1963), que seguía prostitutas, mulleres de compras e operacións estéticas de nariz, foi censurado pola súa misoxinia. Un homme et une femme cambiou a súa sorte e recibiu o favor mesmo dos críticos de Cahiers du cinéma. Con este filme gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cine de Cannes e o Óscar ao mellor guión orixinal. Neste filme a música é do seu compositor habitual Francis Lai.
Nos últimos anos o público e a crítica estivo menos interesado nos seus filmes como director.
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Le Propre de l'homme (1960)
- L'Amour avec des si (1962)
- La Femme spectacle (1963)
- Une fille et des fusils (1964)
- Les Grands Moments (1965)
- Pour Un Maillot Jaune (1965)
- Un homme et une femme (1966)
- Vivre pour vivre (1967)
- La Vie, l'amour, la mort (1968)
- 13 jours en France (1968)
- Un Homme qui me plaît (1969)
- Le Voyou (1970)
- Smic, Smac, Smoc (1971)
- A aventura é a aventura (1972)
- La bonne année (1973)
- Visions of Eight (1973)
- Mariage (1974)
- Toute une vie (1974)
- Le Bon et les méchants (1975)
- Le Chat et la souris (1975)
- C'était un rendez-vous (1976)
- Si c'était à refaire (1976)
- Un autre homme, une autre chance (1977)
- Robert et Robert (1978)
- À nous deux (1979)
- Les Uns et les Autres (1981)
- Édith et Marcel (1982)
- Viva la vie (1983)
- Partir, revenir (1984)
- Attention bandits! (1986)
- Un homme et une femme : vingt ans déjà (1986)
- Itinéraire d'un enfant gâté (1988)
- Il y a des jours... et des lunes (1989)
- La Belle Histoire (1992)
- Tout ça... pour ça ! (1992)
- Les Misérables (1995)
- Lumière et compagnie (1995)
- Hommes, femmes, mode d'emploi (1996)
- Hasards ou coïncidences (1997)
- Une pour toutes (1999)
- And now... Ladies and Gentlemen (2001)
- 11'9''01 September 11 (2002; episodio "France")
- Les Parisiens (2004)
- Le Courage d'aimer (2005)
- Roman de Gare (2007; tamén aparece co pseudónimo "Hervé Picard")
- Ces amours là (2010)
- D'un film à l'autre (2011)
- Salaud, on t'aime ! (2014)
- Un plus une (2015)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Claude Lelouch Biography (1937-)". Filmreference.com. Consultado o 14 de novembro de 2011.
- ↑ Joseph Tolédano, Les Juifs maghrébins, Brepols, 1989, p.287
- ↑ "Claude Lelouch: Life as a movie - Israel Culture, Ynetnews". Ynetnews.com. 20 de xuño de 1995. Consultado o 14 de novembro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Claude Lelouch |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Claude Lelouch na IMDb (en inglés).