Gisaengchung
Gisaengchung | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 기생충 |
Director | Bong Joon-ho |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Historia de Bong Joon-ho[1] |
Intérpretes | |
Música | Jung Jae-il[1] |
Fotografía | Hong Kyung-pyo[3] |
Montaxe | Yang Jin-mo |
Estudio | Barunson E&A[1] |
Distribuidora |
|
Estrea | Festival de Cannes: 21 de maio de 2019 30 de maio de 2019 |
Duración | 132 minutos[4][5] |
Orixe | Corea do Sur[1][4] |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 11 millóns de dólares[6] |
Recadación | 167,6 millóns de dólares[7] |
Na rede | |
https://www.parasite-movie.com, https://www.madmanfilms.com.au/parasite e https://www.parasitemovie.co.uk | |
|
Gisaengchung (en coreano: 기생충), distribuído en Galicia co título en castelán Parásitos,[8][9] é un filme surcoreano de suspense e comedia negra de 2019 dirixido por Bong Joon-ho, quen tamén elaborou a historia orixinal e coescribiu o guión con Han Jin-won. Está protagonizado por Song Kang-ho, Lee Sun-kyun, Cho Yeo-jeong, Choi Woo-shik e Park So-dam, e conta a historia dos membros dunha familia pobre que artella un plan para converterse en empregados da casa dunha familia rica pretendendo ser profesionais altamente cualificados sen relación entre eles.
Gisaengchung tivo a súa estrea internacional no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2019 o 21 de maio de 2019, onde se converteu no primeiro filme coreano en gañar a Palma de Ouro e o primeiro filme en conseguilo con voto unánime dende La Vie d'Adèle do Festival de 2013. O filme estreouse en Corea do Sur a través de CJ Entertainment o 30 de maio de 2019 e no resto do mundo durante 2019 e comezos de 2020. Recibiu a aclamación da crítica, entrando en moitas clasificacións dos mellores filmes da década.[10][11] Recadou 167,6 millóns de dólares en todo o mundo, converténdose no filme con maior recadación de Bong e de Corea do Sur.[12]
Na 92ª edición dos Óscar, o filme conseguiu seis nomeamentos, e gañou catro premios, incluíndo mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal e mellor filme internacional, converténdose no primeiro filme surcoreano en gañar o premio da Academia, así como o primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo. Na 77ª edición dos Globos de Ouro, o filme gañou o premio ó mellor filme en lingua non inglesa, e tamén recibiu catro nomeamentos ós BAFTA, gañando os premios de mellor filme en lingua non inglesa e mellor guión orixinal.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Song Kang-ho como Kim Ki-taek, pai da familia Kim
- Lee Sun-kyun como Park Dong-ik, pai da familia Park
- Cho Yeo-jeong como Yeon-gyo, nai da familia Park
- Choi Woo-shik como Kim Ki-woo, fillo da familia Kim
- Park So-dam como Kim Ki-jeong, filla da familia Kim
- Chang Hyae-jin como Chung-sook, nai da familia Kim
- Jeong Ji-so como Park Da-hye, filla da familia Park
- Jung Hyeon-jun como Park Da-song, fillo da familia Park
- Lee Jung-eun como Gook Moon-gwang, como ama de chaves
- Modelo:Illm como Geun-sae, marido de Moon-gwang
- Park Geun-rok como Yoon, o chofer
- Jung Yi-seo como a xerente da pizzería
- Park Seo-joon como Min-hyuk (cameo)[13]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 CJ Entertainment, ed. (2019). "Parasite international press kit" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ CJ Entertainment (ed.). "CJ ENM buyer site". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
- ↑ "BONG Joon-ho's PARASITE Claims Early Sales". Korean Film Biz Zone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 Festival Internacional de Cinema de Cannes, ed. (2019). "GISAENGCHUNG – Festival de Cannes 2019". Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2020.
Country : SOUTH KOREA/Length : 132 minutes
- ↑ "영화 '기생충' 흥행 질주…손익분기점 400만명 눈앞". 3 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 19 de xaneiro de 2020.
- ↑ IMDb (ed.). "Parasite (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2019. Consultado o 17 de xaneiro de 2020.
- ↑ "PARÁSITOS". CODEX cinema (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2020. Consultado o 2020-03-04.
- ↑ "Parásitos - Cinema - NUMAX". numax.org. Consultado o 2020-03-04.
- ↑ "Best Movies of the Decade (2010-19)". Metacritic. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2020. Consultado o 9 de decembro de 2019.
- ↑ "2019 Critics Poll: The Best Films and Performances According to Over 300 Critics From Around the World". 27 de decembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019.
- ↑ "'Parasite' Sets New Record for Director Bong Joon-Ho at Indie Box Office". TheWrap (en inglés). 3 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2019. Consultado o 4 de novembro de 2019.
- ↑ "Archived copy". entertain.naver.com (en coreano). Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2019. Consultado o 3 de febreiro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 92ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Gisaengchung na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 2019
- Filmes en lingua coreana
- Filmes de Corea do Sur
- Filmes dirixidos por Bong Joon-ho
- Filmes rodados en Seúl
- Filmes ambientados en Corea do Sur
- Filmes ambientados en 2018
- Filmes sobre familias disfuncionais
- Filmes de CJ Entertainment
- Filmes gañadores da Palma de Ouro
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal
- Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa
- Filmes distribuídos en sistemas IMAX