Corvo mariño
Corvos mariños | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Corvo mariño de cara vermella | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
O xénero Phalacrocorax é o xénero máis numeroso en especies de corvos mariños da familia Phalacrocoracidae.
Os corvos mariños, carolos ou canilongas aliméntanse dos peixes que apañan baixo a auga. Impúlsanse principalmente coas patas e poden mergullarse durante máis dun minuto, acadando unha profundidade de aproximadamente 10 metros.
A diferenza da maioría das aves acuáticas, as súas plumas non son por completo impermeables, o que lles permite afundirse e mergullarse doadamente. Unha vez en terra, estenden as ás para secalas. Ademais, regulan o volume dos seus sacos aéreos. Existen unhas 30 especies de corvos mariños, sendo o corvo mariño grande con seguridade o máis espallado. Vive en lagos e esteiros así como nas costas, e constrúe o seu niño en cantís ou en árbores. Ten un tamaño de ata 90 cm de longo, e pódese atopar en augas doces e costas de todo o mundo.
Pesca con corvo mariño
[editar | editar a fonte]En certas localidades da China, como en Guilin, nas beiras do río Lijiang ou no lago Erhai, emprégase ao corvo mariño para a pesca. Átaselle unha corda na parte inferior do pescozo de xeito que poida capturar un peixe, mais non tragalo. O pescador, unha vez que o corvo mariño capturou un peixe, extrae o peixe (xa que quedou aprisionado no pescozo) e dispono para efectuar novas capturas.
Especies
[editar | editar a fonte]Para a clasificación científica alternativa ver a taxonomía de Chales Sibley-Ahlquist.
- Xénero Phalacrocorax
- Phalacrocorax atriceps
- Phalacrocorax penicillatus
- Phalacrocorax auritus
- Phalacrocorax carbo
- Phalacrocorax brasilianus
- Phalacrocorax olivaceus
- Phalacrocorax pelagicus
- Phalacrocorax urile
- Phalacrocorax bougainvillii
- Phalacrocorax sulcirostris
- Phalacrocorax fuscicollis
- Phalacrocorax capensis
- Phalacrocorax magellanicus
- Phalacrocorax nigrogularis
- Phalacrocorax neglectus
- Phalacrocorax capillatus
- Phalacrocorax africanus
- Phalacrocorax lucidus
- Phalacrocorax coronatus
- Phalacrocorax niger
- Phalacrocorax pygmaeus
- Phalacrocorax featherstoni
- Phalacrocorax varius
- Phalacrocorax carunculatus
- Phalacrocorax fuscescens
- Phalacrocorax perspicillatus (extinto)
- Phalacrocorax gaimardi
- Phalacrocorax punctatus
- Phalacrocorax albiventer
- Phalacrocorax melanoleucos
- Phalacrocorax chalconotus
- Phalacrocorax onslowi
- Phalacrocorax colensoi
- Phalacrocorax campbelli
- Phalacrocorax ranfurlyi
- Phalacrocorax harrisi (previamente Nannopterum harrisi) (confinado nas Illas Galápagos onde, a través dun proceso de evolución, as súas as reducíronse ao tamaño das dun pingüín.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Corvo mariño |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corvo mariño |