Década de 870
Aparencia
Primeiro milenio | |||||
Século IX | |||||
| |||||
|
870
- Artigo principal: 870.
Oriente Próximo
- Inicio do califato de Ahmad Al-Mutamid (até 892)
Europa
- Basilio I, emperador de Bizancio, toma Bari, na costa sur italiana do mar Adriático, dos musulmáns.
- 8 de agosto - Tratado de Meerssen: Logo da morte de Lotario II, Austrasia e Neustria reparten a Lotarinxia, en Meerssen (Países Baixos). Lois o Xermánico, de Neustria, leva Alsacia. Carlos o Calvo, monarca de Austrasia, dos francos occidentais, recibe a parte setentrional da Lotarinxia, o que inclúe Flandres. Esta repartición e a posterior herdanza de Italia, converterán a Carlos no monarca máis poderoso de Occidente.
- 20 de novembro - Batalla de Thetford: Os viquingos, conducidos por Ivar, derrotan as forzas de Edmund, rei de Anglia Oriental, que morre no combate.
- Comezo do reinado de Svatopluk, rei da Grande Moravia (até 894).
871
- Artigo principal: 871.
- 4 de xaneiro, Batalla de Reading, Ethelred de Wessex derrota ás tropas invasoras danesas.
872
- Artigo principal: 872.
- Xoán VIII, novo papa (até 882).
- O exército e a mariña de Harald Harfager toman o control da Noruega após a batalla de Hafrsfjord. Harald, primeiro rei de Noruega.
- En maio os viquingos ocupan Angers e son sitiados por Carlos o Calvo. En outubro Carlos o Calvo negocia con Roric, xefe dos normandos do Sena.
- Independencia do reino de Gascoña con Sancho I Mitarra como primeiro rei.
- Lois II, coroado emperador por segunda vez.
- O emperador bizantino Basilio I adopta unha estratexia ofensiva cara ao islam e ocupa as pasaxes do Tauro.
- A rexión de Dinawar, en Persia, sacudida por un tremor de forza 6,8. A vítimas estimadas foron unhas 20 000.
873
- Artigo principal: 873.
- Os bizantinos toman a cidade de Bari, na costa do mar Adriático, en Italia.
874
- Artigo principal: 874.
- Os noruegueses, conducidos por Igolfur Arnarson, comezan a colonización de Islandia.
- Os daneses invaden Mercia.
- Svatopluk I, rei da Grande Moravia, conquista o territorio do río Vístula.
875
- Artigo principal: 875.
- Venecia ataca e destrúe Comacchio, na desembocadura do río Po, eliminando o seu maior rival comercial até entón.
- Os musulmáns atacan Grado, localidade na área veneciana.
- 29 de decembro — Carlos II o Calvo, rei dos francos occidentais é coroado emperador polo papa Xoán VIII.
876
- Artigo principal: 876.
Imperio carolinxio
- División (prevista desde 865 do reino de Lois o Xermánico entre os seus fillos, Carlomagno, Lois o Mozo e Carlos o Gordo.
- Carlos o Calvo tenta sen éxito reconquistar a herdanza do seu irmán. É derrotado en Andernach en outubro cando tentaba retomar a Lorena oriental do seu sobriño o rei Lois III o Mozo.
- Alain o Grande convértense en conde de Nantes e de Vannes (até 907). Reúne toda a Bretaña francesa baixo o seu dominio.
- Os viquingos soben polo río Sena até Meulan.
Illas Británicas
- Os dinamarqueses Hasting e Hálfdan instálanse en York. Guthrum, instalado en Cambridge, invade Wessex, mentres unha frota viquinga desembarca no suroeste de Inglaterra. Alfredo o Grande, rei de Wessex, é atacado na véspera da Epifanía con total efecto sorpresa.
Italia
- Os árabes devastan o campo romano este ano e o seguinte e forzan ao papa a pagarlles 20 000 mancusi de prata anuais.
- Bizancio retoma Bari dos francos.
- O dogo de Veneza prohibe en van o comercio de escravos eslavos da costa dálmata.
Rusia
877
- Artigo principal: 877.
Asia
- Indravarman II sucede a Jayavarman III como monarca do imperio Khmer.
Europa
- Os daneses toman Exeter, en Inglaterra.
878
- Artigo principal: 878.
- O conde galego Hermenexildo Guterrez conquista Coímbra
- 21 de maio - Os árabes aglabís toman a cidade de Siracusa, en Sicilia, defendida polos bizantinos, logo de oito meses de asedio.
- Gaifeiros convértese en príncipe de Benevento.
- Batalla de Ethandune - Alfredo o Grande, rei de Inglaterra, vence aos daneses.
- O rei Alfredo o Grande toma Londres, en poder dos daneses.
- Incursión estival andalusí contra Galiza dirixida por Al-Barra ben Malik Al-Qurashí.
879
- Artigo principal: 879.
- Comeza o reinado de Oleg de Novgorod (até 912), unificador de Rusia.