Günther Dembski
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de decembro de 1943 Königstetten, Austria (pt) |
País de nacionalidade | Austríaca. |
Educación | Universidade de Viena |
Q89547790 | Director do Gabinete Numismático de Viena. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Lugar de traballo | Viena |
Ocupación | numismático, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Viena |
Premios | |
1992: Jeton de Vermeil (SFN). 2004: Medalla Eckhel (SNA). | |
Günter Dembski, nado o 19 de decembro de 1943 en Königstetten, na Baixa Austria, é un numismático austríaco, vinculado ao Gabinete Numismático de Viena e á Universidade de Viena.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo da súa graduación en ensino secundario no instituto de St. Johann im Pongau en 1961, Demski estudou Latín, Alemán, Historia antiga, Arqueoloxía e Numismática antiga na Universidade de Viena, e acadou o seu doutoramento en 1969.[1]
Un ano antes do seu doutoramento ingresou no Gabinete Numismático de Viena, vinculado ao Kunthistorisches Museum, no que se responsabilizou inicialmente da colección de moedas antigas, en condición de conservador, e en 1975 foi nomeado responsable de seguridade do museo. Desde 1995 e ata a súa xubilación a finais de 2008 ocupou o cargo de director deste gabinete.[1]
Paralelamente, en 1988 comezou o exercicio da docencia universitaria, como profesor de Numismática antiga na Universidade de Viena.[1]
En 1998 foi nomeado representante austríaco no Consello Internacional de Museos (ICOM) e un ano máis tarde vicepresidente consultivo do ICOM.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- (1992): Jeton de Vermeil, da Sociedade Francesa de Numismática.[2]
- (2004): Medalla Eckhel, da Sociedade Numismática Austríaca.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]A Günter Dembski correspóndenlle máis de 200 referencias bibliográficas sobre numismática e arqueoloxía, algunhas delas como monografías.[1][4][5][6]
Escolma de monografías
[editar | editar a fonte]- (1979). Kataloge der antiken Münzen. Reihe A. Griechen. 1: Hispanien und die römischen Provinzen Galliens. Viena. ISBN 9783900325008
- (1986). Keramik und Kleinfunde des Legionslagers von Carnuntum : Grabungen 1976-1977 (con M. Grünewald). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena. ISBN 9783700107873
- (1993). Münzen der römischen Kaiserzeit: Kaiser, Götter, Propaganda. Österreichische Nationalbank, Viena.
- (1995). Zimelien aus dem Münzkabinett des Kunsthistorischen Museums: Sonderausstellung April bis Oktober 1995 (con M. Alram e K. Schulz). Österreichische Nationalbank, Viena.
- (1998). Münzen der Kelten. Kunsthistorisches Museum, Viena.
- (2000). Non olet: das Geld der Römer. Kunsthistorisches Museum, Viena. ISBN 9783854970125
- (2004). Ausgewählte Funde vom Rennweg 44 in Wien (con M. Zavadil). Phoibos, Viena. ISBN 978-3901232497
- (2005). Die antiken Gemmen und Kameen aus Carnuntum. Phoibos, Viena. ISBN 9783901232534
- (2007). Numismata Carnuntina Forschungen und Material (con M. Alram). Österreichischen Akademie der Wissenschaften, Viena
Escolma de artigos
[editar | editar a fonte]- (2001). "Joseph Hilarius Eckhel (1737-1798) Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.". En Compte rendu, 48. Numismatic International Council. Páxinas 55-59.
- (2005). "Monetary supply in Noricum". En Alfaro, C. et al. XIII Congreso Internacional de Numismática, Madrid, 2003: actas. Ministerio de Cultura, Madrid. Páxinas 1.003-1.004
- (2007). "Ferdinand Welz: ein österreichischer Medailleur des 20. Jahrhunderts (con H. Winter). En Numismatische Zeitschrift, 115. Páxinas 101-178.
- (2007). "Der Missong-Kreis im Wien des zu Ende gehenden 19. Jahrhunderts: sechs engagierte Sammler von römischen Kaisermünzen de 3. Jahrhunderts Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.. En Compte rendu, 54. Numismatic International Council. Páxinas 38-41.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "HR Prof. Dr. Günther Dembski". Naturhistorisches Museum Wien.
- ↑ "Jeton de vermeil de la SFN". Société Française de Numismatique (SFN).
- ↑ "Die Eckhel Medaille". Österreichische Numismatische Gesellschaft.
- ↑ "Dembski, Günther". WorldCat Identities.
- ↑ "Dembski, Günther 1943- Arquivado 04 de decembro de 2021 en Wayback Machine.", Digital Library Numis.
- ↑ "Günther Dembski". BnF Data.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bruck, G. (1965). "Karl Pink (1884-1965)". En Numismatische Zeitschrift. 81. Páxinas 76-78.
- Dembski, G. (2003). "Karl Pink (1884-1965) Arquivado 12 de maio de 2022 en Wayback Machine.". Compte Rendu 50. International Numismatic Comission. Páxinas 13-14.
- Holzmair, E. (1965). "Karl Pink 1884-1965". En Compte rendu, 12. International Numismatic Commission. Páxina 26.
- Winkle, G. (1969). "Univ.-Prof. Dr. phil. Dr. theol. Karl Pink. In memoriam". En Jahresbericht Stiftsgymnasium Wilhering 59. Páxinas 43-44.