Carmen Arnold-Biucchi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Lugano, Suíza |
País de nacionalidade | Suíza |
Educación | Universidade de Friburgo. |
Q89547790 | Estudos de iconografía numismática. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | numismático |
Influencias | |
Premios | |
2012: Medalla Gunnar Holst. 2014: Jeton de Vermeil (SFN). 2022: Medalla da RNS. |
Carmen Arnold-Biucchi, nada en Lugano, cantón de Tesino, é unha arqueóloga e numismática suíza, afincada nos EEUU e vinculada á American Numismatic Society.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Arnold-Biucchi estudou Arqueoloxía Clásica na Universidade de Friburgo, onde acadou o seu grao de mestrado en 1971 e o seu doutoramento en 1976, baixo a dirección de Lilly Kahil, cunha tese acerca das terracotas chipriotas, cuxa preparación a obrigou a pasar estadías en Heidelberg, Alemaña.[1][2]
O seu interese pola numismática xurdiulle durante un seminario en Friburgo impartido por Herbert Cahn.[1]
Entre 1974 e 1977 formou parte do equipo de numismáticos que se encargaron da elaboración do Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae (LIMC), en Basilea, no que se encargou da iconografía numismática. Este proxecto levouna a desprazarse aos EEUU, para traballar no LIMC US Center, da Universidade Rutgers, de Nova Jersey.[1]
En Nova York, Carmen Arnold-Biucchi accedeu en 1982 ao posto de conservadora axudante de moeda da Antiga Roma e da Antiga Roma na American Numismatic Society (ANS), e en 1989 foi nomeada conservadora de moeda da Antiga Grecia.[2] Na ANS, compaxinou este labor co de profesora nos seus seminarios de verán desde 1982 ata 1999.[1]
Así mesmo, foi profesora adxunta na Universidade Columbia (1995-1999), no Bryn Mawr College, de Pensilvania (2000) e na Universidade da Cidade de Nova York (2001), e profesora visitante en diversas institucións europeas, como a Universidade de Padua (1993) ou a Sorbona, en París (2007). Desde 2002 é profesora de Numismática na Universidade Harvard, onde tamén desempeña o papel de conservadora, foi a primeira, da colección de moedas antigas do Harvard Art Museum;[1][2][3] cargo do cal se retirou en 2019.[4]
En 2003 foi elixida membro do Consello Internacional de Numismática, organismo do que foi secretaria ata 2009 e presidenta entre ese ano e 2015.[1][2] En tal condición, encargouse da organización do XV Congreso Internacional de Numismática, que tivo lugar en Taormina, Sicilia, en 2015.[1][2][5]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2012: Medalla Gunnar Holst, da Gunnar Holst Stiftelse för Numismatik, de Gotemburgo, Suecia.[1][6]
- 2014: Jeton de Vermeil, da Société française de numismatique, de París.[1][7]
- 2022: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres.[8]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Carmen Arnold-Biucchi é autora de ducias de artigos publicados en diversas revistas científicas sobre historia e numismática. Esta é unha selección dos seus traballos monográficos máis significativos:[9][10]
- (1990). The Randazzo Hoard and Sicilian Chronology in the Early Fifth Century B.C. American Numismatic Society, Nova York. Numismatic Studies, 18.
- (2006). Alexander’s Coins and Alexander’s Image. Harvard University Art Museums. ISBN 978-1891771415
- (2015). Survey of numismatic research: 2008-2013 (con M. Caccamo Caltabiano). International Association of Professional Numismatists / International Numismatic Counicl. ISBN 9788897805427
- (2019) (ed., con M. Beckmann). Sculpture and Coins: Margarete Bieber as Scholar and Collector. Harvard University Press. ISBN 978-0674428379
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 "Arnold-Biucchi, Carmen". CoinsWeekly (en inglés). 2016-02-17. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Carmen Arnold-Biucchi". scholar.harvard.edu (en inglés). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi". En Harvard Magazine. Setembro-outubro de 2003.
- ↑ Walsh, Colleen (11 de setembro de 2019). "The Harvard Art Museums’ first curator of ancient coins retires after 17 years". The Harvard Gazette (en inglés). Consultado o 14 de xuño de 2023.
- ↑ "Messina/Taormina 2015 Arquivado 03 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.". International Numismatic Council.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi får Gunnar Holstmedaljen 2012". En Svensk Numismatisk Tidskrift. Setembro de 2012. Páxina 114.
- ↑ "Médaille et jeton de vermeil – Société française de numismatique" (en francés). Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "The Society’s Medal". The Royal Numismatic Society (en inglés). 2014-05-23. Consultado o 2023-06-14.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi. Publications". Harvard University.
- ↑ "Carmen Arnold-Biucchi". id.oclc.org. Consultado o 2023-06-14.