Saltar ao contido

Giuseppe Verdi

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaGiuseppe Verdi

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento10 de outubro de 1813 Editar o valor en Wikidata
Roncole Verdi, Italia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xaneiro de 1901 Editar o valor en Wikidata (87 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Causa da morteictus Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCasa di Riposo per Musicisti Editar o valor en Wikidata
Senador do Reino de Italia
15 de novembro de 1874 – 3 de outubro de 1876
Deputado do Reino de Italia
3 de febreiro de 1861 – 7 de setembro de 1865
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatólico romano Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica culta, música, ópera, dirección de orquestra e política Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositor, escritor, director de orquestra, político Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1830 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoDereita Histórica Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica clásica e ópera Editar o valor en Wikidata
MovementoRomanticismo musical Editar o valor en Wikidata
ProfesoresVincenzo Lavigna e Ferdinando Provesi Editar o valor en Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeGiuseppina Strepponi (1859–1897)
Margherita Barezzi (1836–1840) Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
Sitio webverdi.san.beniculturali.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0006333 Allocine: 36965 Allmovie: p115320 IBDB: 11207
BNE: XX912253 Bitraga: 4066 Spotify: 1JOQXgYdQV2yfrhewqx96o iTunes: 693604 Last fm: Giuseppe+Verdi Musicbrainz: f1bedf1f-4445-4651-9c35-f4a3f3860a13 Songkick: 97970 Discogs: 192327 IMSLP: Category:Verdi,_Giuseppe Allmusic: mn0000252723 WikiTree: Verdi-33 Find a Grave: 41632406 Editar o valor en Wikidata

Giuseppe Fortunino Francesco Verdi, máis coñecido como Giuseppe Verdi (pronuncia italiana [d͡ʒuˈzɛppe ˈverdi] (AFI)), nado en Roncole (Busseto) o 10 de outubro de 1813 e finado en Milán o 27 de xaneiro de 1901, foi un compositor italiano. A súa obra supón a culminación de toda a tradición operística italiana. A súa obra e a súa persoa foron, ademais, un símbolo na loita pola unificación do país. Grande amante de Shakespeare, tres das súas obras (Macbeth, Otello ou Falstaff) están baseadas en obras do escritor inglés.

Tras uns irregulares inicios, Verdi alcanza madurez e popularidade na súa segunda etapa, e o seu afán por narrar con continuidade e precisión as historias vaino aproximando ás teorías de Richard Wagner. Rigoletto é un bufón dun nobre que ten unha dobre vida: facer rir a xente (pública) e protexer a súa filla (privada). En La traviata (baseada en A dama das camelias de Alexandre Dumas (fillo)) estabelece unhas fondas relacións psicolóxicas entre os personaxes: Violeta Valéry (moza mantida) e Alfredo Germont (o seu namorado, un mozo da alta sociedade).
Foi un símbolo da unificación italiana, moitas das súas óperas tiñan un contexto político, na estrea de Nabucco, cando os escravos hebreos cantaban o coro “Va pensiero” os asistentes identificáronos co pobo italiano dominado por Austria, o que provocou unha certa axitación. Berrar “Viva Verdi!” era berrar “Viva Vittorio Emmanuele Re DItalia!”.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación e primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Verdi nace en Roncole, unha pequena vila do ducado de Parma (que daquela formaba parte de Francia) próxima a Busseto, o 10 de outubro de 1813, fillo de Carlo Giuseppe Verdi e Luigia Uttini. Verdi aprende música e teclado, primeiro co cura da súa parroquia e despois, en Busseto, co organista da parroquia.

En 1832, intentou continuar os seus estudos musicais no conservatorio de Milán, pero non foi admitido debido á que o tribunal examinador rexeitouno debido á que, pola súa idade (tiña 18 anos e a idade máxima par ser admitido eran 14), e ás eivas técnicas na posicións das mans ao teclado, xa non era apto para poder seguir uns estudos académicos. O Conservatorio que o rexeitou chámase hoxe “Guiseppe Verdi” Conservatorio de Milán (en italiano).

Os comezos

[editar | editar a fonte]

Casa coa filla do seu protector, Baressi, tiveron dous fillos, o maior faleceu xa de neno. Desprazáronse despois a Milán, onde Verdi quería facer carreira como autor de ópera na Scala. Pouco despois consegue que o editor da Scala lle confíe a música dunha ópera, que se estreará no ano 1839 co nome de Oberto, Conte di San Bonifacio, que consegue un certo éxito.

A negra sombra

[editar | editar a fonte]

Isto fai que o editor lle confíe a música dunha ópera bufa (cómica) Un giorno di regno. Mentres compón esta ópera morren primeiro a seu fillo e despois a súa dona. A estrea, en 1840, resulta un absoluto fracaso. As desgrazas persoais sumadas ao fracaso profesional, levan a Verdi a unha depresión, xura non volver compor e, a pesar das ofertas do seu sogro e protector, vive, case na miseria, en Milán. Tras case dous anos nesta situación, o seu editor, Merelli, atópao, non sabemos se de forma casual. Quéixaselle de que ten un bo libreto pero que, non atopa quen lle poña música, entrégalle o texto a Verdi pedíndolle que lle bote unha mirada e lle dea a súa opinión.

Teatro da Scala, onde se estreou Nabucco.

Cando uns días despois Verdi, que se mantén na súa decisión de non volver a compor, vai devolver o libreto, o editor o bota do despacho e lle insiste en que o musique. En 1842 estréase Nabucco. Debido ás exixencias de Verdi de que se faga canto antes e que se poida contar cunha serie de cantantes de primeira fila do momento, entre eles Guiuseppina Strepponi, que será a segunda muller de Verdi, a estrea ten que facerse con decorados e vestiario reutilizados doutras óperas. A pesar diso, a obra é un enorme éxito desde o primeiro momento.

Este primeiro grande éxito ten tres elementos que se van repetir en toda a carreira de Verdi:

  • Un estilo operístico propio que supón a culminación da tradición italiana da ópera.
  • A mestría nos coros: as partes da ópera pensadas para ser cantadas po un coro. Nesta ópera destaca o coro dos escravos, que comeza co Va pensiero su’ll alle dorate...
  • A significación política das óperas de Verdi. En tempos de revolucións e de loita pola unidade de Italia versos como O, mia terra, sì bela e perduta do Coro dos escravos tiña para o público un significado que ía máis aló do puramente musical.

Papel de Verdi no Risorgimento

[editar | editar a fonte]
Busto de Verdi diante do Teatro Massimo de Palermo.

Historiadores da música perpetuaron durante moito tempo un mito sobre o famoso coro "Va, pensiero" cantado no terceiro acto de Nabucco. O mito afirma que, cando o coro cantou "Va, pensiero" en Milán, nun momento no que boa parte de Italia se atopaba baixo o dominio austríaco, o público, respondendo con fervor nacionalista ao lamento dos escravos que perderan a súa patria, pediron un bis da peza. Como os bises foran expresamente prohibidos polo goberno na época, tal xesto debía ter sido extremadamente significativo. Con todo, recentes estudos poñen este feito en interdito. Aínda que o público pediu bis, este non foi por "Va, pensiero" senón máis ben polo himno Immenso Jehova, cantado polos escravos hebreos para agradecer a Deus que salvara ao seu pobo. Á luz destas novas revelacións, a posición de Verdi coma o buque insignia musical do Risorgimento ten minguado.[1] É interesante observar neste contexto que todas agás sete (as súas derradeiras óperas) foron creadas por Verdi cando Milán formaba parte do Imperio Austrohúngaro.

Por outra banda, durante os ensaios, os traballadores do teatro deixaron de facer o que estaban a facer durante o "Va, pensiero" e aplaudiron á conclusión da melodía[2] mentres que o crecemento da "identificación da música de Verdi co nacionalismo político italiano" é asociado nos seus inicios no verán de 1846 en relación co coro de Ernani no que o nome dunha das súas personaxes, "Carlo", foi mudado polo de "Pio", unha referencia á concesión dunha amnistía por parte do papa Pío IX aos prisioneiros políticos.[3]

Logo da unificación de Italia en 1861, moitas das primeiras óperas de Verdi foron reinterpretadas como obras do Risorgimento con mensaxes ocultos que prováblemente non foran pensados polo compositor ou o libretista. Comezando en Nápoles en 1859 e espallándose por toda Italia, o lema "Viva VERDI" foi empregado como acrónimo de Viva Vittorio Emanuele Re D'Italia (Viva Vittorio Emmanuele Rei de Italia), referido a Vittorio Emmanuele II, daquela rei de Sardeña.[4][5]

O coro "Va, pensiero" ten outra aparición no folclore de Verdi. Antes de que o corpo de Verdi fóra conducido do cemiterio ao funeral oficial e ao seu lugar de descanso final na Casa di Riposo per Musicisti, Arturo Toscanini dirixiu un coro de 820 cantantes interpretando o "Va, pensiero". Na Casa, foi cantado o "Miserere" de Il trovatore.[6]

Verdi foi elixido como membro da Cámara dos Deputados en 1861 a raíz dunha petición do Primeiro Ministro Camillo Benso mais renunciou ao cargo en 1865.[7] En 1874 foi nomeado Senador do Reino polo rei Vittore Emmanuele II.

Os predecesores que influíron musicalmente a Verdi foron Gioachino Rossini, Vincenzo Bellini, Giacomo Meyerbeer e, mais notablemente, Gaetano Donizetti e Saverio Mercadante. Coa excepción de Otello e Aida, que teñen influencias de Richard Wagner. Mesmo tendo moito respecto por Charles Gounod, Verdi tivo moito coidado en non aprender nada do compositor francés, a quen os seus contemporáneos denominaron o maior compositor aínda vivo. Algunhas partes de Aida semellan ter unha familiaridade superficial co compositor ruso Mikhail Glinka, a quen Franz Liszt, logo da súa xira polo Imperio Ruso, popularizou en Europa Oriental.

Ao longo de toda a súa carreira, Verdi raramente empregou o Do agudo da tesitura dos tenores, citando que o feito de que o tenor teña que cantar esta nota en particular diante do público distrae ao cantante antes e despois da aparición da nota. Con todo, compuxo un aria co Do agudo para Duprez en Jérusalem e para Enrico Tamberlick na versión orixinal de La forza del destino. O Do agudo, adoita escoitarse na aria "Di quella pira" de Il trovatore que non aparecía na partitura de Verdi.

Algúns críticos afirman que non prestou atención aos aspectos técnicos da composición nas súas obras. O mesmo Verdi dixo: "De todos os compositores do pasado e do presente, eu sou o que menos aprendeu". Apresurouse a dicir, así e todo: "Dígoo en serio, e por aprender non me refiro ao coñecemento da música".

Non obstante, sería incorrecto supoñer que Verdi subestimou o poder expresivo da orquestra ou fallou en empregala con toda a súa capacidade cando era preciso. Por outra banda, as innovacións orquestrais e contrapuntísticas son características do seu estilo: por exemplo, as cordas producen unha rápida escala ascendente na escena de Monterone en Rigoletto para acentuar o drama e, na mesma ópera, coro tarareando seis notas fóra de escena retrata, moi eficazmente, o xemido ominoso da tempestade que se achega. As innovacións de Verdi son tan distintivas que outros compositores non as empregan, senón que seguen a ser, a día de hoxe, unha das sinaturas de Verdi.

Verdi foi un dos primeiros compositores que procuraron pacientemente seus talentos particulares. Traballou xunto cos seus libretistas e a expresión dramática foi seu forte. Asegurouse de que o traballo inicial sobre o que se baseaba o libreto fora desposuído de tódolos detalles "innecesarios" e participantes "superfluos", e só se mantiveran as personaxes cheas de paixón e as escenas ricas en drama.

Moitas das súas óperas, especialmente as de 1851 en diante, son exemplos do repertorio básico. Ningún outro compositor de ópera italiana conseguiu igualar a Verdi en popularidade, coa posible excepción de Giacomo Puccini.

Monumentos, cine e teatro

[editar | editar a fonte]
Busseto: estatua de Giuseppe Verdi.

Tres conservatorios italianos, o de Milán,[8] o de Turín[9] e o de Como,[10] levan o nome de Verdi, así como moitos teatros italianos. En Parma áchase o monumento a Giuseppe Verdi.

En Busseto, a cidade natal de Verdi, erixiuse unha estatua do compositor obra de Luigi Secchi, próxima ao Teatro Giuseppe Verdi, edificado na súa honra en 1850.[11] Trátase dunha de tantas estatuas dedicadas a Verdi que se poden encontrar en Italia. O Giuseppe Verdi Monument, é un memorial de mármore esculpido en 1906 por Pasquale Civiletti, que se atopa na Verdi Square de Manhattan, Nova York. O monumento comprende unha estatua que representa ao mesmo Verdi con outras estatua a tamaño natural de catro personaxes das súas óperas (Aida, Otello, Falstaff e Leonora de Il trovatore).[12]

A figura de Verdi foi obxecto de películas e obras teatrais. Exemplos son o filme de 1938 Giuseppe Verdi dirixido por Carmine Gallone, con Fosco Giachetti; e o drama televisivo de 1982 Verdi de Renato Castellani, onde o compositor é interpretado por Ronald Pickup con dobraxe de Burt Lancaster para a edición en lingua inglesa. Tamén é un personaxe da ópera de 2011 Risorgimento! escrita polo compositor italiano Lorenzo Ferrero co gallo do 150 aniversario da unificación italiana.[13]

Verdi hoxe

[editar | editar a fonte]

As óperas de Verdi son postas en escena frecuentemente en todo o mundo. Segundo Operabase, na tempada 2013-2014 A traviata foi a ópera máis interpretada (659 espectáculos). Na clasificación das primeiras 20 óperas, aparecen Rigoletto (8º posto, 445 espectáculos), Aida (12º posto, 304 espectáculos), Nabucco (16º posto, 304 representacións) e Il trovatore (18º posto, 232 representacións). Tódalas súas ópere están dispoñibles en diversos soportes e en DVD.[14]

As modernas producións poden diferir substancialmente de como foron orixinalmente concibidas polo compositor. A versión de Rigoletto de 1982 de Jonathan Miller para a English National Opera, ambientada no mundo da Cosa nostra americana, recibiu comentarios positivos.[15] Máis aínda, a posta en escena por parte da mesma compañía en 2002 coa dirección de Calixto Bieito, de Un ballo in maschera, coa presenza de elementos tales como "rituais sexuais satánicos, violación homosexual e un anano demoníaco", tivo unha desaprobación xeral.[16]

Ao mesmo tempo, a música de Verdi pode evocar unha serie de resonancias culturais e políticas. Pasaxes do Requiem foron executados na cerimonia conmemorativa de Diana de Gales.[17] O 12 de marzo de 2011, durante unha representación de Nabucco no Teatro dell'Opera de Roma, para celebrar o 150 aniversario da unificación italiana, o director de orquestra Riccardo Muti nunha pausa posterior ao "Va, pensiero", volveuse ao público (entre o que se encontraba o naquel momento primeiro ministro italiano, Silvio Berlusconi) para lamentarse dos recortes no financiamento estatal á cultura; o público uniuse nunha repetición do coro.[18][19] En 2013, ano do bicentenario do nacemento de Verdi, celebráronse con tal motivo numerosos eventos en todo o mundo.

  1. Casini, Claudio Verdi, Milan: Rusconi, 1982
  2. Phillips-Matz, p. 116
  3. Phillips-Matz, pp. 188–191
  4. Parker, in Grove Music Online
  5. Budden, Vol. 3, p. 80
  6. Phillips-Matz, p. 765
  7. "Giuseppe Verdi politico e deputato, Cavour, il Risorgimento" Arquivado 16 de xullo de 2011 en Wayback Machine. on liberalsocialisti.org (en italiano)
  8. Conservatorio di Milano. "Storia". Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  9. "Conservatorio Statale di Musica Giuseppe Verdi, Torino". Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  10. "Conservatorio di musica "Giuseppe Verdi" di Como". Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  11. Sadie 2005, p. 385
  12. "Smithsonian Institution website" (en inglés). Consultado o 13 xuño de 2015. 
  13. Teatro Comunale di Bologna. "Risorgimento". Consultado o 27 de xuño de 2015. .
  14. "Opera Discography Encyclopedia website". Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  15. "Jonathan Miller's Mafia 'Rigoletto'". New York Times. 23/2/1989. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  16. Matt Slater (22/2/2002). "Revamped opera fails to shock". BBC News. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  17. Phillips-Matz p. 14.
  18. James Bone (24/3/2011). "Against Silvio Berlusconi's idea of culture". The Australian. Consultado o 28 de xuño de 2015. 
  19. "Va, pensiero". YouTube. Consultado o 28 de xuño de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]