Saltar ao contido

Lingua congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Congo
Kikongo
Outros nomes:Kongo
Falado en: Angola
República Democrática do Congo
República do Congo
Rexións: África Central
Total de falantes: 10 millóns
Familia: Níxer-congo

 Atlántico-Congo
  Volta-Congo
   Benue-Congo
    Bantoid
     Sur
      Bantú
       Central
        Zona H

         Kikongo
Escrita: Alfabeto latino
Status oficial
Lingua oficial de: República Democrática do Congo (nacional), República do Congo (dialecto kituba, como lingua rexional)
Códigos de lingua
ISO 639-1: kg
ISO 639-2: kon
ISO 639-3: kon
SIL: KON
Mapa

Extensión da lingua congo.
Status

O congo está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O congo[2] (kikongo ou kongo) é a lingua bantú falada polo pobo congo, os habitantes dos bosques tropicais da República Democrática do Congo, do República do Congo e de Angola.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Foi utilizada como lingua franca nos séculos XVIII e XIX en boa parte de África occidental, especificamente onde os europeos tomaban escravos para levalos para América.

Por esta razón, a lingua congo sobrevive aínda, nun grao limitado, no Caribe, mais a maioría dos seus falantes viven en África.

Hai sete millóns de falantes nativos de congo, e dous millóns úsana como segunda lingua. É base tamén de varios dialectos para usos comerciais e de intercambio interetnico.

Desde 2006 ten o status oficial e legal de lingua nacional na República Democrática do Congo, de acordo a constitución de dito país, xunto ao francés, o lingala, o suahili e o tshiluba.

Un dos seus principais dialectos, o kituba, está recoñecido como lingua rexional na República do Congo.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

As principais formas dialectais do congo son: kimañanga, kintandu, kiyaka, kizombo, kiyombe, kisuku, kilaadi, kibuembe, kifioti e kinzamba.

Descrición lingüística

[editar | editar a fonte]

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]
O "Ave María" en congo.

Comparado con outras linguas bantús, incluíndo os demais dialectos do congo, o Kikongo ya Leta ten unhas regras morfolóxicas moi simples, sen prefixos nominais nin verbais, nin existe a concordancia entre os substantivos e as palabras que dependen destes (pronomes, adxectivos ou verbos).[3]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Entrada congo en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 02 de novembro de 2017. 
  3. África, Ikuska Libros, S.L. [1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • (1957) par Léon DEREAU, d'après le dictionnaire de K. E. LAMAN. Maison d'éditions AD. WESMAEL-CHARLIER, Namur. 60 pages.
  • Carter, Hazel e João Makoondekwa. , c1987. Kongo language course : a course in the dialect of Zoombo, northern Angola = Maloòngi makíkoongo. Madison, WI : African Studies Program, University of Wisconsin—Madison.
  • Grammaire du Kiyombe par R. P. L. DE CLERCQ. Edition Goemaere - Bruxelles - Kinshasa. 47 pages
  • Nkutama a Mvila za Makanda, Imprimerie Mission Catholique Tumba, (1934) par J. CUVELIER, Vic. Apostlique de Matadi. 56 pages (L'auteur est en réalité Mwene Petelo BOKA, Catechiste redemptoriste à Vungu, originaire de Kionzo.)