Mário de Araújo Cabral
Biografía | ||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (pt) Mário Manuel Veloso de Araújo Cabral 15 de xaneiro de 1934 Cedofeita, Portugal | |||||||||||||||||||
Morte | 17 de agosto de 2020 (86 anos) | |||||||||||||||||||
Outros nomes | Nicha Cabral | |||||||||||||||||||
Actividade | ||||||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de automobilismo | |||||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | |||||||||||||||||||
| ||||||||||||||||||||
Participou en | ||||||||||||||||||||
24 Horas de Le Mans |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Mário Manuel Veloso de Araújo Cabral, tamén coñecido como Nicha Cabral nado en Cedofeita (Porto) o 15 de xaneiro de 1934 é un ex-ximnasta olímpico e expiloto de carreiras portugués. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo (catro saídas), debutou o 23 de agosto de 1959. Non anotou puntos de campionato.
Historia
[editar | editar a fonte]Cabral considerábase un piloto excepcional no Portugal de finais dos anos 50[1] Competiu nos Grandes Premios de 1959 e no 1960 finalizando décimo e retirándose respectivamente.
No Gran Premio de 1959 no Circuíto de Monsanto, foi o responsable de causar o accidente no que o triplo campión do mundo Jack Brabham deu unha volta de campá da que saíu ileso, que deixou fóra da carreira ao futuro triplo campión do mundo. Chocou co australiano mentres estaba sendo dobrado, facendo que Brabham trompease e logo volcase ao bater contra un poste de telégrafo. Brabham foi lanzado do coche, aterrou no medio do circuíto, pero foi esquivado polos outros pilotos. Cabral terminou a carreira no 10º posto, a 4 voltas do gañador. Foi o primeiro piloto portugués en comezar unha carreira de Fórmula Un.
Cabral non tivo unha andaina nas carreiras a tempo completo pero pilotou para a Scuderia Centro Sud no Gran Premio de Pau de 1961. A súa carreira entón foi interrompida polo Servizo militar que pasou como paracaidista en Angola. Regresou á Fórmula Un con Centro Sud en 1963 e retirouse do Gran Premio de Alemaña. A súa andaina na Fórmula Un terminou cunha retirada do Gran Premio de Italia de 1964 nun Derrington-Francis-ATS.
Cabral resultou gravemente ferido no Gran Premio de Fórmula 2 de 1965 no Circuíto Rouen-Les-Essarts e estivo ausente da competición ata 1968 cando volveu á carreira deportiva e ocasionalmente á Fórmula Dúas antes de retirarse en 1975.
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1959 | Scuderia Centro Sud | Cooper T51 | Maserati 4 en liña |
MON | 500 | NED | FRA | GBR | ALE | POR 10 |
ITA | USA | NC | 0 | |
1960 | Scuderia Centro Sud | Cooper T51 | Maserati 4 en liña |
ARX | MON | 500 | NED | BEL | FRA | GBR | POR Ret |
ITA | USA | NC | 0 |
1963 | Scuderia Centro Sud | Cooper T60 | Climax V8 | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE Ret |
ITA NSC |
USA | MEX | RSA | NC | 0 |
1964 | Derrington-Francis Racing Team | Derrington-Francis | ATS V8 | MON | NED | BEL | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA Ret |
USA | MEX | NC | 0 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 89. ISBN 0851127029.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mário de Araújo Cabral |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- fontes